O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas
SIMULACRO
O final do segundo trimestre realizouse con éxito un simulacro de evacuación no edificio de educación infantil de escola do Val. Así foi todo o proceso
ANIVERSARIOS MARZO
NO MES DE MARZO CUMPRIRON ANOS: LIAM, SARAYMA E PABLO.
PARABÉNS PARA OS TRES E MOITOS BIQUIÑOS DOS COMPIS E DAS MESTRAS!
LIAM: 4 ANOS
SARAYMA: 5 ANOS
PABLO: 6 ANOS
ANDAINA ATA BALTAR
Este venres 22 de marzo, realizamos unha andaina dende a nosa escola ata o convento de Baltar. Rematamos así, este segundo trimestre e festexamos o inicio da primavera.
Esta actividade enmárcase dentro do contrato programa EDU-SAÚDE.
Pasamos unha xornada moi agradable de convivencia!
Olla o vídeo para comprobalo!
VISITA A LUDOTECA MUNICIPAL 1º E 3º DE EP
O alumnado de 1º e 3º de educación primaria acudiu a Ludoteca Municipal , onde María , a educadora, lles explicou en que consiste unha Ludoteca, as súas normas, quen pode usala e ata que idade. Levounos a coñecer as instalacións de este espazo . Todos xuntos e xuntas fixeron un xoguete con material de refugallo para rematar disfrutando dos diferentes xogos que alí hai.
ANIVERSARIOS FEBREIRO
No mes de febreiro celebramos os aniversarios de Daniela, Sara N. e Ibrahim en 5º de EI, e Claudia en 6º de EI. Parabens!!!!!
XOGOS EN FAMILIA IV
Os nenos e nenas de 6º de EI da Escola do Val gozaron de outra xornada de xogos en familia grazas a Noelia, a mamá de Claudia, e a David e Raquel, o pai e nai de Candela. Pasárono en grande cos distintos xogos de mesa: 2 xogos de Carapuchiña vermella ( "Little red riding hood" e "Caperucita Roja" ) e Let`s go fishin.
3º EP- A BICICLETA: NORMAS E BENEFICIOS DO SEU USO
O alumnado de terceiro de primaria participou na actividade promocionada dende o Concello sobre as normas á hora de empregar as bicicletas percorrendo diferentes circuitos. A súa vez aprobeitamos para conversar sobre os beneficios do uso da bicicleta para a nosa saúde : exercicio físico, coordinación, atención, etc.
VISITA DE 1º E 2º DE EP A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN
O alumnado de 1º e 2º de EP acudiron a dúas das bibliotecas que ten o noso Concello, situadas no local da Mocidade e na propia Biblioteca Municipal. No primeiro dos lugares coñeceron a sala de informática e a zona de libros e xogos de mesa, no cal gozaron con distintos xogos. No segundo dos edificios lles explicaron como se clasifican os libros, como é o sistema de préstamo e leeronlles dous contos para finalmente por parellas ollear os contos que desexaron.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »