O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas
XOGOS EN FAMILIA-VAL
En 4º de EI, tivemos outra xornada de xogos en familia. Viñeron Ángela , a nai de Teo, Cristina, a nai de Juan e María e Carlos, a nai e o pai de Matteo . Con todos eles e elas os nenos e nenas gozaron xogando a "No asustes a la gallina", "piranha go" e "Pallina"
A MULLER EN POSTOS DE RESPONSABILIDADE: LORENA
En 4º de educación primaria contamos con Lorena, a nai de Izan, para explicarnos a variedade de oficios que desempeñou: Xefa de mantemento de buques gaseiros, mantemento de grúas e actualmente no mantemento dos hospitais. Falou da importancia da prevención de riscos laborais, o alumnado probou os diferentes arneses e equipos de protección necesarios para o seu traballo. E remarcou a importancia de poñer en valor o papel da muller en postos de responsabilidade, sendo a xefa dun grupo de homes.
TRABALLOS COAS MANS GRAZAS A MARÍA E VERÓNICA
Verónica , a nai de Zeltia, e María , a nai de Catalina, trouxeron unha actividade moi divertida para os nenos e nenas de segundo de primaria. Con arxila fixeron pequenas abellas e unha colmea. Foi unha xornada de convivencia moi divertida para todos/as.
CIENCIA E EXPERIMENTOS
Na aula de 4º de educación primaria contamos coa visita de Eva, a nai de Irene, para contarnos sobre o seu traballo como profesora de química e todas as cousas que fai un/unha químico/a. Con ela os/as nenos e nenas fixeron varios experimentos: facer mesturas, crear unha tinta invisible mesturado varios produtos e escribir mensaxes secretos, etc.
O ENFADO
Para traballar o sentimento do enfado lemos o conto do Segredo de Flora, o que nos permitiu conversar sobre eses momentos nos que nos sentimos enfadados, falamos que todos e todas nos podemos enfadar pero que o importante é como resolvemos ese enfado, primeiro calmándonos cantando a canción que nos ensinou Flora:
" un,dous, tres o enfado polas mans
un, dous , tres o enfado polos pés
un dous tres, o enfado xa se vai
un, dous tres, o enfado xa o botei"
E despois empregar a palabra para falar, explicar o que nos molesta, o que podemos facer cada un de nós ou os demais para mellorar esa situación.
CHARLA DA DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO
A dirección xeral de tráfico realizou uha charla informativa para o alumnado de 3ª de educación primaria. Nela recordaron as normas de tráfico, sinais como condutor e como peón...
AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DOS CONTOS
Na aula de 4º de Educación infantil para reflexionar sobre as nosas emocións, empregamos os contos como mecanismo para favorecer que os nenos/as compartan os seus sentimentos e como se sinten en distintas situacións. O longo de varias sesións coñecemos o coelliño protagonista de todos estes contos e como el vive o enfado, os celos, o amor, a tristeza. Depois de ler adicamos un tempo a contar as experiencias propias sobre cando temos un enfado e como tratar de solucionalo, cando temos celos por un xoguete que ten un compañeiro/a ou un irmán,etc.
XOGOS EN FAMILIA
Na clase de 4º de EI viñeron a xogar Marta, a nai de Mai, Ángel, o pai de Martín e Jéssica, a nai de Martina. Con eles tres disfrutaron xogando ao dominó de animais, os monos locos e os poliños no galiñero. Foi un tempo fantástico na que os nenos/as e familias pasárono xenial.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »