Blogues
Día da Familia
O 15 de Maio conmemórase o Día da familia. Familias grandes, pequenas, de nais, de pais, avós, avoas.... ao fin todas aquelas persoas que nos acollen e nos dan a calor que precisamos para soster as nosas emcións, de grande e de peques.
Desde o Equipo de Infantil deseñamos os ingredientes que precisamos para sentirnos ben coas nosas familias.
Na Escoliña de Sedes misturamos todos eses ingredientes, pero ademais de querernos máis como grupo e ser como unha grande familia, tamén nos saíron... Madalenas!! que sorte tivemos ;-)
Chega a Primavera coas bolboretas de Sedes
Os Bolechas en Sedes
INARA CÓNTANOS, DANIELA PIRATA
XARDÍN DO PATIO
No trimestre pasado comezamos a idear o noso Xardín de Palets para o patio. Coa colaboración das familias conseguimos os palets e comezamos a pintalos.
Como o COVID non quería deixarnos continuar cos plans, decidimos que os rematábamos no tempo de cole, así que continuamos a pintar, sementamos unhas plantiñas e os colocamos no patio.
Xa temos un patio máis naturalizado que pouco a pouco imos enchendo con flores, como os pensamentos de Rosalía e todas aquelas propostas que nos acheguedes dende as familias.
Mirade que maravilla.
DÍA DE ROSALÍA
O 23 de Febreiro é o día de Rosalía de Castro e, como ben sabedes, na Escola celebrámolo coa actividade ROSALÍA NA RÚA.
Ademais do video da actividade de todo o CRA, podedes ver todo o traballo na Escola de Sedes pintar as teas, decorar, plantar os pensamentos... que culminou cunha xoranada ben bonita no parque do Local. Que ben o pasamos, agardamos repetir moitas veces.
9 MESES 9 CONTOS : O XARDÍN DE IRENE
DENTRO DO PROGRAMA 9 MESES 9 CONTOS, NA ESCOLA DE SEDES, TRABALLAMOS ESTE BONITO POEMARIO DE NEIRA VILAS ILUSTRADO POR LEANDRO LAMAS.
APROVEITAMOS A TEMÁTICA DE FLORES E NATUREZA PARA SAIR A RECOLLER FLORES E FACER OS NOSOS PROPIOS XARDÍNS TAN BONITOS COMO CREATIVOS.
ENCÁNTANOS AS FLORES, PERO CASE QUE NOS ENCANTA MÁIS SAIR..
24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA
O 24 de Febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, coincidindo coa data do seu nacemento.
Dende o Equipo de Normalización do centro chegou a proposta dun mural cunha palabra galega dalgún poema de Rosalía.
A nós tocounos Fontiña, do poema Parece unha Rosa. Como nos gustou a palabra!, foi a excusa perfecta para dar un paseo ata a fontiña que temos ao lado do cole e desfrutar un pouco do sol que comeza a chegar.
Observamos a fonte e pensamos en que cousas podemos atopar ao redor das mesmas, ata vimos un Entroido!!!
Aprendimos o verso da nosa palabra, decatámonos de como riman as palabras na poesía... en fín que Rosalía axudounos a traballar a reo.
Con todos os animais e prantas puxémonos mans á obra e neste video amosámosvos como nos quedou o mural.
A canción que acompaña o video é un anaco de "Alborada" do Álbum "Rosalía pequeniña" de Uxía. Un álbum moi fermoso e recomendable de poemas de Rosalía musicados.
SEMENTANDO A PAZ
Para este día, e contando coa vosa inestimable participación, traballamos arreo para "SEMENTAR A PAZ".
Para facer o mural empregamos o truco do papá de Daniel coas ceras Manley, e que nos contou como un segredo, así que... entre nós queda. A ver se o fixemos ben e vos gusta o resultado.
Despois preparamos a terra para sementar cadansúa flor. Agardemos que no seguinte curso podades acompañar aos vosos fillos e fillas a sementar verba de PAZ na nosa escola. Desfrutade do video. Tedes o enlace á canción na páxina do CRA
25 DE NOVEMBRO. VERBAS CONTRA A VIOLENCIA
25 DE NOVEMBRO. VERBAS POLA IGUALDADE
As nosas actividades para esta data tiveron por eixo as palabras bonitas. Todas esas palabras fermosas que os vosos fillos e fillas coñecen e que curan cando son ditas e escoitadas.
Falamos da importancia de rechazar a violencia veña de onde veña, con xestos ou con palabras. Identificamos o que é violencia, o que nos fai sentir mal e o ben que senta escoitar palabras que nos fan sentir importantes.
Porque todas e todos somos especiais, importantes e imprescindibles no grupo de Sedes, pero tamén na sociedade onde vivimos
Desfrutade o video.