O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas
Convertémonos en xardineir@s
@s nen@s da escola do Val tivemos a oportunidade de colaborar co concello de Narón e coa AA.VV. do Val plantando unha chea de árbores autóctonas ao carón do centro médico. Que ben o pasamos e incluso saímos no xornal:
DÍA DE ROSALÍA
O alumnado de 2º curso de educación primaria decidiu lembrar a unha grande, Rosalía de Castro. Decidimos redactar, ler, compartir e falar sobre a importancia das súas verbas nun momento complexo para a lingua galega. Recitamos o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" xa un pouco cans@s despois de 4 intentos.... pero con todo o noso cariño. Aquí vos deixamos o enlace para poder descargar o vídeo: https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view.php?id=331 |
Saída escolar
Velaquí tedes un enlace á aula virtual na que, co voso usuario e contrasinal, podedes ver o vídeo sobre a saída "O sabor da aventura está no mar"
http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/forum/view.php?id=309
Esperamos seguir vivindo moitas aventuras máis xuntos e continuar aprendendo.
O CORPO HUMANO
O alumnado de 2º de Educación Primaria decide compartir as súas experiencias de aprendizaxe sobre o corpo humano.
Esperamos que vos sirva de axuda para entender un pouquiño mellor os contidos. E, para as persoas que estades convalecentes, para que poidades ter conta do aprendido na escola e vos recuperedes axiña.
Unha aperta
Aprender facendo
O alumnado de 1º de Educación primaria realizou varias actividades durante o curso que lles permitiu aprender facendo.
Para poñer en práctica as medidas de masa e capacidade decidimos facer unha torta de queixo ao tempo que practicabamos matemáticas, reflexionábamos sobre unha alimentación saudable e encasillabamos os tipos de alimentos no grupo correspondente da roda alimenticia. Sen dúbida, a colaboración con todos e todas os/as compañeiros/as foi indispensable para obter uns bos resultados: degustar unha boa torta.
Aprendemos que as funcións se poden repartir, que non todos temos que facer todo e que, se nos apoiamos os/as uns/as aos/ás outros/as todos/as aprendemos e nos enriquecemos dunha mesma experiencia. Velaquí tendes algunha proba do traballo
Co moito que lle gusta ao alumnado de primeiro pescudar sobre todo o que lles rodea, os seres vivos non podían ser menos. Polo de agora nos repartimos os grupos de vertebrados por parellas para investigar sobre eles e compartir as conclusións con todo o grupo clase.
Para iso deseñamos un rincón de libros relacionados coa temática e un mostrario de especies de seres vivos que servirán de modelo para observar, analizar e recoller información necesaria. Nas fotos que se acompañan a continuación obsérvase cómo empregamos a titoría de pares para apoiar a tarefa, retroalimentarnos os uns aos outros e así aprender facendo. Cantísimo gozamos actuando como verdadeiros científicos/as!!
De seguro que compartindo as aprendizaxes, debatindo e mantendo esa curiosidade seredes uns científicos excepcionais.
A seguir aprendendo. A seguir facendo. A seguir medrando.
Dia Da Paz 2017
Na Escola do Val festaxamos o día da Paz cunha canción signada de Maria Fumaça "Eu Teño Alguén", e logo houbo intercambio de agasallos en forma de corazón con desexos, aqui tedes a canción:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/file.php/2/VideosC...
Ruteo en Bicicleta con Visita a Baltar
O pasado luns 17 de outubro, a Educación Primaria do Val, saimos en bicicleta a dar unha volta pola zona, con parada en Baltar para a merenda. Tivemos algun problema na organización pero grazas as nais e pais que nos acompañaron poidemos levar a actividade a cabo. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Pasamos un bo dia, e os/as nenos/as pasárono moi ben...a espera de repetila máis adiante!!
De novo, moitas grazas as familias pola axuda...sen ela, non poderiamos facer a saída.
Educación Vial
O pasado 1 de Marzo, recibimos a visita do Equipo de Educación Vial da Policia Local de Narón, que preparounos un circuito no que conducir e ir coñecendo as normas da Educación Vial, e pasamolo xenial!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- seguinte ›
- última »