blogue deBerta

INARA CÓNTANOS, DANIELA PIRATA

 

DANIELA PIRATA, visita SEDES

Despois de que Daniela Pirata nos contase a súa historia, preparounos unha busca do tesouro ao máis puro estilo corsario.
Que ben o pasamos con Inara a mamá de Xoel.

Moitas grazas!!!

XARDÍN DO PATIO

No trimestre pasado comezamos a idear o noso Xardín de Palets para o patio. Coa colaboración das familias conseguimos os palets e comezamos a pintalos. 

Como o COVID non quería deixarnos continuar cos plans, decidimos que os rematábamos no tempo de cole, así que continuamos a pintar, sementamos unhas plantiñas e os colocamos no patio.

Xa temos un patio máis naturalizado que pouco a pouco imos enchendo con flores, como os pensamentos de Rosalía e todas aquelas propostas que nos acheguedes dende as familias. 

Mirade que maravilla.

Xardín patio

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de Febreiro é o día de Rosalía de Castro e, como ben sabedes, na Escola celebrámolo coa actividade ROSALÍA NA RÚA

Ademais do video da actividade de todo o CRA, podedes ver todo o traballo na Escola de Sedes  pintar as teas, decorar, plantar os pensamentos... que culminou cunha xoranada ben bonita no parque do Local. Que ben o pasamos, agardamos repetir moitas veces.

Día de Rosalía

9 MESES 9 CONTOS : O XARDÍN DE IRENE

DENTRO DO PROGRAMA 9 MESES 9 CONTOS, NA ESCOLA DE SEDES, TRABALLAMOS ESTE BONITO POEMARIO DE NEIRA VILAS ILUSTRADO POR LEANDRO LAMAS.

APROVEITAMOS A TEMÁTICA DE FLORES E NATUREZA PARA SAIR A RECOLLER FLORES E FACER OS NOSOS PROPIOS XARDÍNS TAN BONITOS COMO CREATIVOS.

ENCÁNTANOS AS FLORES, PERO CASE QUE NOS ENCANTA MÁIS SAIR..

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

O 24 de Febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, coincidindo coa data do seu nacemento.
Dende o Equipo de Normalización do centro chegou a proposta dun mural cunha palabra galega dalgún poema de Rosalía. 
A nós tocounos Fontiña, do poema Parece unha Rosa. Como nos gustou a palabra!, foi a excusa perfecta para dar un paseo ata a fontiña que temos ao lado do cole e desfrutar un pouco do sol que comeza a chegar.
Observamos a fonte e pensamos en que cousas podemos atopar ao redor das mesmas, ata vimos un Entroido!!! 
Aprendimos o verso da nosa palabra, decatámonos de como riman as palabras na poesía... en fín que Rosalía axudounos a traballar a reo.
Con todos os animais e prantas puxémonos mans á obra e neste video amosámosvos como nos quedou o mural. 
A canción que acompaña o video é un anaco de "Alborada" do Álbum "Rosalía pequeniña" de Uxía. Un álbum moi fermoso e recomendable de poemas de Rosalía musicados.

 

SEMENTANDO A PAZ

Para este día, e contando coa vosa inestimable participación, traballamos arreo para "SEMENTAR A PAZ".
Para facer o mural empregamos o truco do papá de Daniel coas ceras Manley, e que nos contou como un segredo, así que... entre nós queda. A ver se o fixemos ben e vos gusta o resultado.
Despois preparamos a terra para sementar cadansúa flor. Agardemos que no seguinte curso podades acompañar aos vosos fillos e fillas a sementar verba de PAZ na nosa escola. Desfrutade do video. Tedes o enlace á canción na páxina do CRA

25 DE NOVEMBRO. VERBAS CONTRA A VIOLENCIA

25 DE NOVEMBRO. VERBAS POLA IGUALDADE

As nosas actividades para esta data tiveron por eixo as palabras bonitas. Todas esas palabras fermosas que os vosos fillos e fillas coñecen e que curan cando son ditas e escoitadas.
Falamos da importancia de rechazar a violencia veña de onde veña, con xestos ou con palabras. Identificamos o que é violencia, o que nos fai sentir mal e o ben que senta escoitar palabras que nos fan sentir importantes. 

Porque todas e todos somos especiais, importantes e imprescindibles no grupo de Sedes, pero tamén na sociedade onde vivimos

Desfrutade o video.

.

O MAGOSTO

Xa tedes a vosa disposición o video do Magosto. Clicade na imaxe!

 

.

Comezan os nenos e nenas de 3 e xa somos 13!

No seguinte enlace podedes coñecer aos nenos e nenas de 3 anos que dende este curso pasan a formar parte da nosa Escola. BENVID@S

OS PRIMEIROS DÍAS

Comezamos a mostrar os traballiños do cole na nosa aula virtual. 

Xa podedes acceder ao primeiro vídeo premendo na foto.

 

Distribuir contido