Edu Innova
Mesa de luz
Xogamos na mesa de luz con imáns e aprendemos xeometría
CARAS IMAXINATIVAS
Realizamos caras partindo de figuras xeométricas e traballamos conceptos como o par/impar e as simetrías.
PROPOSTAS CON FLORES
Dada a gran colaboración do alumnado aportando flores para os maios, aproveitamos para facer varias actividades con elas.
Algunhas xa as coñecíamos pero outras non, entón adicamos un ratiño a buscar que nome tiñan para ampliar o noso vocabulario da flora da contorna.
Tamén as ulimos, tocamos, apreciamos as súas bonitas cores..
Despois fxeron unhas fermosas composicións artísticas con elementos naturais, cada un deixou voar a súa imaxinación e sairon cousas marabillosas.
Tamén houbo tempo para experimentar, manipular e crear diferentes perfumes de flores naturais.
|
As diferentes fragrancias ían etiquetadas cada unha co seu nome e como podedes ver tamén as ían probando a ver cal era a que máis lle gustaba a cada un.
Aprendemos nas nosas bandexas de estimulación sensorial e nos minimundos
A experimentación, observación e manipulación son a base para a apredizaxe, nos distintos minimundos e bandexas sensoriais que fomos creando o longo do curso @s nen@s tiveron a a oportunidade de aprender xogando
|
|
As bandexas de estimulación sensorial
O MUNDO DOS PLANOS E MAPAS
@s nen@s de educación infantil adentrámonos no mundo dos mapas e dos planos, o que nos permitiu formar un esquema mental da nosa zona, onde están situados os edificios máis representativos do noso concello, da nosa parroquia e incluso as nosas casas.
Esta actividade bridou moitas experiencias co escornabot, recreación de planos, localización de edificios e percorrido insitu rexistrando cada un no seu propio mapa aquilo que estábamos a observar.
|
O escornabot
Co mapa da nosa parroquia: O Val
Percorrido polos arredores da escola cada un co seu mapa , sinalando os edificios máis representativos
Actividade artística sensorial e de escritura
Aproveitando que estamos investigando sobre os insectos propuxemos @s nen@s observar detidamente os que tiñamos no minimundo para xogar e a partir de ahí facer unha composición de cada un deles con elementos naturais: pedras, follas, paos,etc. Tamén durante a actividade formaron a palabra do insecto que crearon. Primeiro fixémolo todos en gran grupo na asamblea e despois cada nen@ explorou e creou libremente no recanto. Gustoulles moitísimo e pasámolo xenial.
|
|
O mundo dos insectos é xenial |
Instalación: Coñecendo a Matisse
Nun recanto da aula inferior, creamos unha instalación de arte adicada a Matisse. Fomentamos así un espazo de aprendizaxe da súa vida e obra cos aspectos máis significativos das mesmas.
Grazas a ela coñecemos o seu nome, algúns dos seus cadros, recortamos como Matisse e creamos con pinceis como o autor.
Elaboración: Video Ven a Sedes
Dentro do noso proxecto decidimos elaborar un video que dise a coñecer a nosa parroquia ao resto do CRA, para isto empregamos as
tecnoloxías e seguimos os pasos que a continuación se detallan:
- eleximos os lugares
- sacamos fotos. A verdade é que só algunhas porque viñeron moitos días de moi mal tempo, pero imos tanto que xa tiñamos un montón.
- Eleximos en gran grupo o que queríamos dicir de cada lugar. Era importante que todas e todos falaran e participaran nesta parte porque tiña que ser un video que transmitise o sentir do grupo.
- Por último no programa dixital Canva eleximos fondos, letras, escribimos, gravamos o audio...
Foi un traballo bonito e completo, cun resultado moi emotivo que podedes ver na entrada seguinte.