Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro

INARA CÓNTANOS, DANIELA PIRATA

 

DANIELA PIRATA, visita SEDES

Despois de que Daniela Pirata nos contase a súa historia, preparounos unha busca do tesouro ao máis puro estilo corsario.
Que ben o pasamos con Inara a mamá de Xoel.

Moitas grazas!!!

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de Febreiro é o día de Rosalía de Castro e, como ben sabedes, na Escola celebrámolo coa actividade ROSALÍA NA RÚA

Ademais do video da actividade de todo o CRA, podedes ver todo o traballo na Escola de Sedes  pintar as teas, decorar, plantar os pensamentos... que culminou cunha xoranada ben bonita no parque do Local. Que ben o pasamos, agardamos repetir moitas veces.

Día de Rosalía

Libros de Texto e materiais para o curso 2022-2023

Aqui tendes o listado de libros de texto e materiais escolares para o vindeiro curso escolar 2021-2022, pinchade encima do curso correspondente e podedes descargalo en formato pdf.

1º Primaria

3ºPrimaria

Educación Infantil

2º Primaria

4º Primaria

 

 

 

 

Galiciencia CSI

O pasado 27 de maio tivemos un obradoiro de Galiciencia on line, titulado CSI xa que tíñamos que descubrir quen roubou unha torta na escola...

Na aula virtual tendes un cartafol para descargar as fotos así como unha montaxe en video do obradoiro, pincha nesta imaxe para ir directamente (tendes que usar o voso usuario e contrasinal):

vacacións

Ola familias.

Chegou o último día, comezan as vacacións de verán.

Subo varios pdf, un coas orientacións para o verán, unha carta para desexarvos unhas boas vacacións e un modelo para facer un pequeno diario de verán, por se é do voso interese.

Por último, poño este enlace,  no que podedes ver un vídeo como recordo deste curso tan diferente. Desexo que vós guste moito.

Pode ser que ao pinchar no enlace xa se reporduza o vídeo directamente ou pida acceso a aula virtual, se é así, dádelle a acceder como convidados e xa debería reproducirse.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/course/view.php?id=138

Moitisímos bicos e apertas para todos e todas.

Feliz verán. Desfrutade moitísimo.

Vémonos á volta.

CONSELLIÑOS PARA O VERÁN

O EQUIPO DAS PROFES DE EDUCACIÓN INFANTIL DEIXAMOS ESTES CONSELLIÑOS PARA QUE DISFRUTEDES MOITO NO VERÁN. 

DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES VACACIÓNS A TOD@S.

MOITOS BIQUIÑOS

Para as nenas e nenos do CRA....Comeza o Verán!!!!

Despois dun ano extraño....Chega o verán e os nenos e nenas do CRA van estar así de preparados para pasalo fenomenal!!!

 

 

Esperamos que teñades un bo verán!!!!

Traballiños das semanas pasadas.

Ola nenos e nenas:

Subo os traballiños das semanas pasadas. Como me gustaron! 

                           As búsquedas do tesouro

              

                                          O semáforo.

 

                                  As chanclas e os xeados.

 

                      

 

                                                        Conto Vacío.

 

                   

 

 

 

Están todos xenial! Sodes uns artistas!

Moitos bicos e apertas.

 

Comeza o Verán....Alá Imos!!!

 

OLA NENOS E NENAS!

 

O CURSO VAI REMATAR, E QUE MELLOR MANEIRA DE DESPEDIRNOS QUE PREPARÁNDONOS PARA O COMEZO DO VERÁN.

 

COMO FOI UN CURSO MOI DIFERENTE E TODOS E TODAS NOS BOTAMOS MOITO DE MENOS, QUE VOS PARECE QUE SE NOS SACAMOS UNHA FOTO COAS NOSAS MELLORES VESTIMENTAS PARA O VERÁN.

 

CADA UN COMO MÁIS LLE APETEZCA (FLOTADOR, TOALLA, GAFAS,….), DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN. O IMPORTANTE É DISFRUTAR VÉNDONOS!

 

ENVIADE AS FOTOS  OS VOSOS PROFES OU O PROFE CÉSAR EN inicroboticaval@gmail.com, OU  A CALQUERA DAS VOSAS TITORAS.

 

TENDES ATA O MARTES DÍA 16 DE XUÑO PARA ENVIALAS.

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, QUE O VERÁN VAI COMEZAR!

 

CIRCUITO DE XOGOS. META: O VERÁN!!!!

CHEGOU A ÚLTIMA SEMANA E PARA DESPEDIRNOS QUERÍAMOS DEIXARVOS ESTE CIRCUITO.

PREPARÁDEVOS NA SAÍDA CON TODOS OS VOSOS AMIGOS E AMIGAS E IDE PARANDO EN CADA IMAXE DO VERÁN PARA DESCARGAR UN XOGO OU EXPERIMENTO, TODOS ESTÁN RELACIONADOS COA AUGA, SO PARA PASALO BEN E DISFRUTAR. A IDEA É QUE VOS QUEDE COMO UN BANCO DE RECURSOS PARA TODO O VERÁN, PARA FACER SOLOS OU EN COMPAÑÍA, CON NENOS, NENAS OU ADULTOS.

PARA REMATAR, NA META TEDES UNHA CANCIÓN DO VERÁN PARA DISFRUTALA BAILANDO!!!

BOAS VACACIÓNS!!!!!

                                    
                                                       
                             
                             
                                                     
                                                           
                             
                             
                             
                             
                             
                             
                             
                             
                             

 

                 

Distribuir contido