Blogues

SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE I)

Como xa é tradición na nosa Escola, adicamos unha xornada ao vaciado e decoración de cabazas coas familias de Sedes e os nenos e nenas que marcharon para Primaria. 

Emocionantes reencontros, xogo e merendola para dar a benvida á nova estación. E por suposto... terroríficas cabazas!!!.

 

ARTE E LIXO: XERME DO SIMBOLISMO NA ESCOLA DE SEDES

 

Despois de ter recollido o lixo no areal da Frouxeira, e unha vez xa limpo e seleccionado, observamos a obra de @retoqueretro_ , que vos animo a coñecer.

A impresión foi tal, que decidimos facer nos tamén as nosas propias obras. A creación foi completa por parte do grupo. Pensalos, coordinarse, desbotar propostas e integrar as nova. Un incrible traballo en equipo que deu os marabillosos froitos que vedes a continuación. 

Arte efímera en toda regla.

LIMPAMOS O AREAL DA FROUXEIRA

 

Dentro do Proxecto Global que levamos adiante no CRA sobre o mar, decidimos ir limpar á praia da Frouxeira, como medio para concienciar sobre a importancia de coidar o noso medio, un paso necesario para coidar o medio mariño e todo o que este abrangue.

Tivemos un clima estupendo e foi unha bonita primeira saída na que partipamos todo o CRA. 
Limpamos, observamos espazos que non coñeciamos da nosa contorna como as casiñas de avistamento de aves da Lagoa ou as zonas protexidas para a reproducción da Píllara, merendamos e xogamos.

BARQUIÑOS DE PAPEL

 

Cando recibimos a carta de Bufiña, entusiasmounos saber sobre o mar e as viaxes en barco, así que decidimos facer o noso propio barquiño de papel.

1.- pintamos o papel con ceras

2.- dobramos o papel seguindo os pasos


3.- puxemos o noso barco a nevegar

 

MENSAXE NUNHA BOTELLA

Para darnos a benvida neste novo curso, Bufiña fíxonos chegar unha mensaxe nunha botella.

Cada quen coa súa botella, cada familia coa súa mensaxe, unha calurosa benvida que agardo sexa o presaxio dun marabilloso novo curso

 

.

CON BUFIÑA AO RESCATE

Comezamos este novo curso e Bufiña xa nos ten unha misión: rescatar un grupo de animais mariños que se perderon por Sedes en busca de aventuras.

Saímos a ratrexar e xa atopamos a zona onde podían terse perdido, así que agora só nos ficaba poñérmonos mans á obra e iniciar a OPERACIÓN RESCATE!!

Fotógrafo medioambiental

Enmarcado no programa EduSostibilidade, realizamos unha sesión de reflexión arredor da necesidade do coidado do medioambiente, a partir do visionado da curta El refrigerador Chillie.

A partir do mesmo decidimos sair pola contorna a observar se na nosa zona existe contaminación de elementos de desfeito e sacar fotos que nos conviden á reflexión.

Como foi tanto o que atopamos decimos, con motivo do Día da terra, 5 de Xuño sair de novo a recoller o que estivese nas nosas mans.A verdade é que a conclusión é que non nos gustou moito o que vimos. Debemos coidar máis a nosa contorna natural.

     
     

No patio; cómic de Resolución de conflitos

Partindo da proposta da Biblioteca do Centro adicamos este mes ao cómic e á resolución de conflitos.

Para desenvolver esta actividade en primeiro lugar facemos unha choiva de ideas sobre posibles conflitos, que por suposto coinciden cos que mási a miúdo ocorren no noso patio.

Plantexamos o conflito e a posible resolución, asignamos os personaxes e facemos a dramatización. 

Unha vez escollidas as fotos facemos o guión e cada quen escribe a súa frase.

Quedounos un cómic ben xeitosiño para a nosa biblio!!!

Filosofía para nenos e nenas: As emocións

Cada semana adicamos, como mínimo unha sesión, a reflexionar sobre temas que implican aspectos trascendentais nas vivencias dos seres humanos e que na nosa escola nos gusta traballar desde as primeiras idades como forma de axudar a evolucionar o pensamento.

Dentro destas temáticas atópanse as emocións, que escollo en base a preocupacións, experiencias e vivencias que van xurdindo nos diferentes momentos da convivencia. 

Preparamos o ambiente e lemos o conto para, posteriormente, iniciar unha sesión de filosofía en base a unhas preguntas iniciais. Traballamos con libros como: Teño medo para o medo, El árbol de los recuerdos para a morte, La vocecita para a xustiza, A cousa que máis doe do mundo para as mentiras…

 

Poesía con sentimento

Neste 2º Trimestre, como parte das propostas de Biblioteca, estivemos a traballar a poesía. Alén de ler moitos poemarios, reflexionamos que a poesía pode ser moi variada.

Despois comezamos a traballar os tipos de palabras, creando o noso propio banco de palabras. 

Elexindo palabras ao azar compuxemos as nosas frases poéticas e asociamos a estas unha emoción. E así nace o  poemario que aquí vos presentamos tamén en formato e-book. 

Agardamos que o pasedes tan ben lendo coma nós facendo.

 Poesía con sentimento

Distribuir contido