Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro

A primavera

 

 

Queridas familias, nenos e nenas, no cole durante estes días iniciaríamos o tema da primavera pola chegada desta nova estación. Debido a situación que nos atopamos se queredes e podedes a equipa de educación infantil imos ir publicando algunhas ideas ou recomendacións sobre o que traballar nos próximos días. 

xa podedes ver a segunda parte da primavera,

nun novo documento adxunto

primavera 2 parte

así como varios documentos, para realizar algunhas das actividades recomendadas (palabras agochadas e actividades de subitización para varios niveis)

 

Retrincos de Cores

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lanza un caderno para as nenas e nenos, enfocado a abordar a nivel psicolóxico esta emerxencia sanitaria a través do debuxo...orientado as familias e as persoas coidadoras.

Esperamos sexa do voso interese.

O Xogo do Dado

Tendes un dado por casa?? por xa tendes como pasar o rato e de paso movernos un pouco...gaña que supere os retos ata xuntar os puntos que queiras (3-5-10...) cada reto superado é un punto....Moita sorte e a pasalo ben!!!

Desfile de Animais

aqui tendes unha ficha de diferentes animais que podemos imitar, así que a divertirse e facer que somos animais...

Dados Mandóns

Descarga e imprime os pdf, montade os dados, lanzalo o aire....e a facer o que nos mande.

Dado 1

Dado 2

Dado 3

Dado 4

Libros Dixitais de Santillana

Ola Familias:

Desde a editorial Santillana deixan en aberto todos os contidos dos libros dixitais para que os usedes como e cando poidades.

Moita paciencia e moito ánimo a todas/os!!

 

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

                                     

NA ESCOLA TIÑAMOS PROGRAMADAS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR ESTE DÍA,

DEBIDO Á SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS.

PROPOÑEMOS REALIZAR NA CASA ALGUNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CON ESTA TEMÁTICA

"OS BOSQUES".

PROXECTO DO SEGUNDO TRIMESTRE.

 MOITAS DELAS XA APARECEN RECOLLIDAS

NAS RECOMENDACIÓNS XERAIS QUE TEDES NO APARTADO ANTERIOR.

AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON:

 

1.- PLANTAR UNHA SEMENTE NUN RECIPIENTE DE REFUGALLO: BOTE YOGURT, TUBO PAPEL HIXIÉNICO, TARRO CRISTAL, LATA, NO VOSO CAMPO...

A SEMENTE, PODE SER LENTELLAS, FABAS, GARAVANZOS...E SE NON TEDES TERRA...

PODEDES EMPREGAR UN ALGODÓN HÚMIDO (APARECE UNHA FOTO NO CADRO).

                                        

2.- REALIZAR UNHA ÁRBORE TAMÉN EMPREGANDO MATERIAL DE REFUGALLO. 

                               

E DEIXAR VOAR A IMAXINACIÓN!

3.- OPCIÓNS FICHA: COLOREAR E PINTAR UNHA ÁRBORE, FACER UNHA ÁRBORE XENEALÓXICA(POÑER OS NOMES, PEGAR AS FOTOS DE CADA UN DELES), DEBUXAR UN BOSQUE, OS ANIMAIS...

AQUI TENDES UN PDF CON ESTAS FICHAS

 

 

 

 

Que Facer Durante a Cuarentena??

Aqui deixamos unha serie de páxinas web, así como a Aula Virtual do CRA ou na Aula Virtual do CEIP Ponte de Xubia deixan todos os contidos en aberto, na que poderedes atopar moitísimos recursos e actividades coas que ocupar estos longos días.

Moita paciencia e ánimo que pronto terá rematado todo.

 Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Outras webs con recursos e actividades:

Mundo Primaria

ÁrbolABC

Vedoque

CrisTIC

Childtopia

Smartick (plataforma de pago, que oferta 15 días gratis polo coronavirus)

Code

Cerebriti

Smile and Learn

JigsawPlanet

Supersaber

JueduLand

Educalandia

MatemáticasOnLine

EducaNave

PortalEducación

Tarefas para 3º

Queridas familias:

Para estes días de conretena, moitas de vos xa tedes os cadernos de competencias de linguas e de matemáticas. Para ir facendo na vosa medida, un pouco cada día. E así repasar todo o que levamos feito.

Aquelas familias que non tedes os caderniños, ou que queirades máis propostas. Propoño facer cada día as seguintes actividades:

1º-Escribir cada día, a modo de diario, como nos sentimos? Igual que facemos na clase e podedes engadir un debuxo coas cores que xa empregamos na clase.

2ºInventar unha suma, unha resta e unha multiplicación e resolvelas. A continuación escribir o resultado con letra e facer a súa descomposición (recordade facelo das 2 maneiras)

3º-Lectura silenciosa todos os días, 30 minutos

4º-Lectura en voz alta, un conto, as noticias…Recordando facer as entoacións precisas.

5º-Crear un cómic. Debe ter viñetas, debuxos e bocadillos. (Facer ao longo desta semana)

Ánimo con estes días!

Irene3º

 

 

RECOMENDACIÓNS EQUIPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

NESTE PDF TEDES ACTIVIDADES PARA TRABALLAR  NA CASA DURANTE ESTES DÍAS,

SON XERAIS. TEDES QUE ADAPTALOS ÁS DIFERENTES IDADES.

UN SAÚDO

 EQUIPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Distribuir contido