O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

ANIVERSARIOS OUTUBRO

En 4º de EI celebramos  o aniversario de : Xela, Martín, Thiago, Teo e Nicole.

                                Parabéns!!!!

En 6º de EI celebramos o aniversario de Sara

XOGAMOS CON XELATINA E ADORNAMOS CABAZAS

Para rematar as actividades do Samain @s nen@s gozaron na bandexa tuf con xelatina, esta actividade brindou a posibilidade de que xogaran de xeito internivelar, algo que lles encanta.

 

 

Grazas as cabazas que nos trouxeron as familias, puidemos crear adornos terroríficos.

DESFILE DE SAMAIN E FOTOS DOS GRUPOS

O 31 de outubro celebramos o samain na escola do Val, fixemos un desfile para ver os disfraces d@s nos@s compañeir@s.

 

 
 

OS MEDOS

Na semana do Samain, traballamos o tema do medo mediante o conto de "Gustavo, el fantasma tímido", falamos sobre que é a emoción do medo, que cousas lles daban medo, e pesamos que o melllor para combatilo era crear unha apócema antimedos.

 

APÓCEMA ANTIMEDOS

Para espantar os nosos medos elaboramos  unha apócema antimedos, con uns ingredientes moi especiais:

Pis de rato, escamas de serpe, sal da cova dos morcegos e pelo de gato negro.

RECEITA TERRORÍFICA E DISFRACES POLO SAMAÍN.

Os nen@s e nen@s de terceiro o día da Samain viñeron disfrazados e  elaboraron unhas arañas moi monstruosas. Foi un día xenial!

                  

     

      
                  

GALLETAS QUE ASUSTAN

@s nen@s de educación infantil estivemos cociñando unhas galletas, miramos todos os ingredientes necesarios, amasamos, escollemos a figura que máis nos gustaba e logo o mellor que foi comelas.

 

 

 

 

 

 

ANIVERSARIOS SETEMBRO

En 6º de EI celebramos o aniversario de Liam

 

 

 

E en 5º de EI celebramos o aniversario de Claudia

 

 

 

 

 

SAÍDA AO AREAL DA FROUXEIRA- RECOLLIDA DE LIXO

O alumnado do CRA de Narón , incluidos @s nen@s de 5º e 6º de EI da Escola do Val, desprazaronse ata Valdoviño para realizar uha camiñata polo paseo do Lago, gozando das árbores, dos animais da contorna e ao chegar o areal fixeron unha recollida do lixo que atoparon.

 

 

Distribuir contido