Proxectos e Conmemoracións
ADIVIÑA O CONTO-DÍA DO LIBRO
DÍA 23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO
Para conmemorar esta data, realizamos varias actividades no C.R.A.
1.- PADRIÑOS LECTORES:
O xoves pasado aproveitamos a nosa andaina pola contorna de Domirón
para realizar unha actividade tod@s xunt@s.
Os nenos e nenas de educación primaria leron ós nenos e nenas de educación infantil
un conto en pequenos grupos.
Os maiores escolleron, prepararon e por un día... apadriñaron os máis pequenos coa súa lectura.
Fixéronno xenial, moitas grazas a tod@s!
Foi un día moi especial
2.- XOGO: ADIVIÑA O CONTO:
O xogo consiste en adiviñar o título do conto seguindo as pistas dos debuxos.
Moita sorte!
Traballo realizado pola profe Vanesa de A.L. Grazas
23 de Abril de 2023: Día do libro con Pepablo
Para conmemorar o día do libro o Concello ofertou aos nen@s de 1º de Educación Primaria a visita do escritor Pepablo. Contoulles uha morea de historias do conto Lúa,para reflexionar sobre problemas da sociedade como as guerras, as froteiras entre os pobos ou as diferenzas sociais
PARA REMATAR AGASALLOU Ó CENTRO CON EXEMPLARES DO SEU CONTO PARA A BIBLIOTECA |
POEMAS DÍA DA PAZ
"UN BICO POR UN VERSO"
ESTE ANO CELEBRÁMOLO DÍA DA PAZ TRABALLANDO A POESÍA:
VERSOS E POEMAS CREADOS POLOS NENOS E NENAS OU DE DIFERENTES AUTORES.
EN CADA CLASE TRABALLAMOS DIFERENTES VERSOS,RECITÁMOLOS E ESCRIBIMOS NUNHA TARXETA
QUE INTERCAMBIAMOS COS NOSOS COMPAÑEIR@S E TROCAMOS POR UN BICO.
Receitas con castañas para un Magosto diferente
Aqui tendes as vosas receitas con castañas para o Magosto...que boa pinta!!!
Conto Viaxeiro: Unha Historia do Robot ArcoIris
Neste curso todo o CRA fixo un conto conxuntamente: unha aula comezou unha historia, cunha frase, e logo se lle pasaba o conto a outro aula, que lendo so a última palabra da aula anterior tiña que seguir a historia...e o resultado foi o seguinte:
9 MESES 9 CONTOS : O XARDÍN DE IRENE
DENTRO DO PROGRAMA 9 MESES 9 CONTOS, NA ESCOLA DE SEDES, TRABALLAMOS ESTE BONITO POEMARIO DE NEIRA VILAS ILUSTRADO POR LEANDRO LAMAS.
APROVEITAMOS A TEMÁTICA DE FLORES E NATUREZA PARA SAIR A RECOLLER FLORES E FACER OS NOSOS PROPIOS XARDÍNS TAN BONITOS COMO CREATIVOS.
ENCÁNTANOS AS FLORES, PERO CASE QUE NOS ENCANTA MÁIS SAIR..
O LIBRO VIAXEIRO DO C.RA
ESTAMOS A CREAR UN CONTO ENTRE TODAS AS AULAS DO C.R.A , XA CASE ESTÁ REMATADO , EN BREVE PUBLICARÉMOLO E ASÍ TOD@S PODEREMOS DISFRUTAR DU CONTO CREADO DE XEITO COOPERATIVO.
9 MESES, 9 CONTOS: SEMILLAS
REALIZAMOS A DRAMATIZACIÓN E CONTO DE "SEMILLAS" DE DESIRÉE ACEVEDO