Skip to Content

O Marco

Orla 2020/21

RR#3 De conto con... A Bruxa Regañadentes

A nosa queridísima Bruxa Regañadentes pasou por Rabu Radio! Que aínda non escoitastes a entrevista? Pois "pasade, pasade! Non teñades medo."
 

De conto con... O Papón

Seguimos a falar de emocións no MARCO con Adam, Mateo e coa intervención sorpresa dunha personaxe un tanto controvertida.

Queredes saber de que vai o conto? Pois escoitade este novo podcast de RABU RADIO! 

https://go.ivoox.com/rf/69998094

 

RR#1 - EMOCIÓNS

VOLVE RABU RADIO NUN NOVO FORMATO ITINERANTE! NESTE PRIMEIRO PROGRAMA, DENDE A ESCOLA DO MARCO, DENIS, MÍA E MAYA FÁLANNOS DE EMOCIÓNS.
 
 

 

Videochamadas cos nenos e nenas de 5 anos

As nenas e nenos de 5 anos estanse coñecendo a través de videochamadas que se están facendo entre as distintas aulas que conforman o CRA.

Coa colaboración de tódolos mestres e mestras faise posible a oportunidade este tipo de actividades que están sendo todo un éxito.

Seguirems no 3º trimestre!

Documentación Pedagóxica segundo trimestre

Damos por finalizado o segundo trimestre para comezar con moitas ganas os últimos meses de escola.

Neste Documento adxunto pódese ver un resumo das actividades feitas en canto o día a día na Aula do Marco, propostas de distintas áreas de aprendizaxe e días especiais, entre outras.

 

Esperamos que vos guste e o disfrutedes moito, familias.

 

Moitas gracias,

Celeste.

 

Instalación de Xogo Papel Hixiénico

A instalación de Papel Hixiénico dou a oportunidade de poder recrear moitas situacións: esquiar, estar na cama, nunha piscina.... Pero dímonos conta que estábamos gastando e usando unha gran cantidade de papel e consumindo máis do que precisamos; Tal e como vimos durante esta semana co conto de Greta Thunberg.

Sensibilizar do coidado e respeto ao Medio Ambiente é moi importante, polo que será unha actividade que non volveremos a realizar.

Soamente hoxe como momento especial para darlle despedida ao Segundo Trimestre.

Saída ao Río

Momentos de curiosidade, de observar e de conectar coa Natureza.

As saídas ao río encántanos a todas e todos

Distribuir contido


by Dr. Radut