E. Infantil
Visita Petróglifos de Bouza Abadín e Muiño da Sorralleira.
Onte pasamos un día fantástico visitando os Petróglifos de Bouza Abadín, o Cruceiro de Abelán e o Muiño da Sorralleira. Moitísimas grazas á Comunidade de Montes Cruz de Avelán, a Jacobo e a Pablo pola súa compañía e explicacións e a María por abrirnos as portas do seu Muiño. E todo sen saír do Concello de Dodro!!
Campaña DOA SANGUE CRA de Dodro 2023
O vindeiro martes 23 de maio a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue do SERGAS, dentro da campaña DOA SANGUE na que participa o noso centro concenciando aos nos@s pequen@s sobre a importancia de doar, desprazará unha unidade móbil a:
APARCADOIRO DO CENTRO MÉDICO DE LESTROBE
De 10:00 a 14:30 h.
É por unha causa importante, acode a doar!
Máis información en http://ados.sergas.es
Parque de Bombeiros de Boiro
O noso agradecemento ao Parque de Bombeiros de Boiro e ao Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña por facer realidade esta primeira visita ao noso centro tan satisfactoria que esperamos repetir outro curso. A ilusión e a emoción dos nosos pequen@s é a mellor recompensa.
Quen nos conta un conto?
Non puidemos disfrutar máis ao longo desta semana coa compañía das familias do alumnado do CRA.
Nais, avoas, tías e madriñas convertíronse en contacontos e fixéronnos pasar uns días moi entretidos!
Unha vez máis queremos agradecer a vosa implicación.
Lambetada de Pascua
Achégase a Pascua, época moi doce para os máis cativos.
Por suposto nas escolas non nos puidemos resistir!!
GALLETAS NAVIDEÑAS
No Nadal contamos nas escolas do CRA cunhas chefs moi especiais!! Varias nais pasaron unha mañá moi entretida ensinándolles aos nenos e nenas a facer unhas riquísimas galletas navideñas. O resultado non hai máis que velo. Nas escolas ademais saboreámolas e estaban riquísimas!!
Moitas grazas por compartir o voso tempo con nós.