Rosalía
23-F Día de Rosalía de Castro
O 23 de febreiro conmemoramos nas escolas do CRA o Día de Rosalía, data do nacemento da autora galega máis representativa da nosa literatura, a cal estivo fortemente vencellada ao concello de Dodro.
Nas escolas traballamos distintos poemas de Rosalía e tamén plantamos nos patios camelias da variedade: Rosalía de Castro e nosos pequen@s ilustraron esta bonita canción de Uxía e Magín Blanco que tanto lles gusta "Rosalía pequeniña".
O sombreiro de Murga
As nosas nenas e nenos tiveron a oportunidade de desfrutar do conto "O sombreiro de Murga" grazas á aportación da Fundación Rosalía de Castro e, especialmente, do seu presidente Anxo Angueira. Desde o CRA queremos agradecerlle a súa colaboración, xa que con estes recursos, os peques puideron coñecer máis curiosidades sobre Rosalia e a súa vinculación co Concello de Dodro. Moitas grazas!!