Admisión de novo alumnado para o curso 2023-24
NORMATIVA
Decreto 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión del alumnado en los centros subvencionados con fondos públicos que impartan enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato regulados en la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o proceso de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacahrelato, reguladas na Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de educación.
ABERTO PRAZO DESDE O 1 AO 20 DE MARZO DE 2023.
Premer para descargar o impreso de solicitude (galego ou castelán) e presentar, unha vez cuberto e asinado nas escolas ou na sede do CRA dentro do prazo establecido. Tamén podedes solicitar o voso impreso en calquera das nosas escolas.
Premer para cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual nas escolas/sede do CRA, ou cubrir a solicitude informáticamente e asinala en sede electrónica a través de Chave365 ou certificado dixital.
DOCUMENTACIÓN a entregar para formalizar a solicitude:
- Impreso de solicitude ED550B.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Fotocopia do DNI da nai, pai ou representante legal.
- Fotocopia do DNI do alumno (de ser o caso).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Certificado de discapacidade (de ser o caso).
- Fotocopia do convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación/divorcio.
IMPORTANTE
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.