Parque de Bombeiros de Boiro
O noso agradecemento ao Parque de Bombeiros de Boiro e ao Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña por facer realidade esta primeira visita ao noso centro tan satisfactoria que esperamos repetir outro curso. A ilusión e a emoción dos nosos pequen@s é a mellor recompensa.
Quen nos conta un conto?
Non puidemos disfrutar máis ao longo desta semana coa compañía das familias do alumnado do CRA.
Nais, avoas, tías e madriñas convertíronse en contacontos e fixéronnos pasar uns días moi entretidos!
Unha vez máis queremos agradecer a vosa implicación.
A nosa Alba
Hoxe despedimos a Alba que rematou o su último período de Prácticum do Grao en Mestre/a de Educación Infantil da USC na nosa escola de Laíño. Peques, familias e profes imos botarte moito de menos. Grazas por elexirnos por segunda vez para completar a túa formación como mestra e por estes meses nos que nós tamén aprendimos moito ao teu carón. As portas do noso centro estarán sempre abertas para recibirte con moito agarimo.
Xornada de convivencia no CPI Eusebio L. Baleirón
O xoves 20 de abril o noso alumnado compartiu actividades e tempo de xogo no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón xunto ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Unha xornada moi especial e emocionante para os nosos pequenos/as. Grazas unha vez máis ao CPI polo voso esforzo e implicación.
Día do Libro
Este ano retomamos a visita á biblioteca do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Gozamos moito, tanto dos contos que nos contastes, como dos libros que alí fomos descubrindo. Moitas grazas!
Cantando coas mans
Este curso participamos por primeira vez na VI Edición do concurso "Cantando coas mans" convocado pola FAXPG coa adaptación da canción "Rosa e Azul" de Charo Pita & Trotaventos realizada polo noso alumnado de Infantil en colaboración coas familias, a ANPA de Dodro e o profesorado do centro.
Día da Poesía
Con motivo do Día da Poesía, Deleite galego en colaboración coa fundación Xosé Neira Vilas, agasallounos con estes dous exemplares de Embora gañadores da última edición do Premio Arume de poesía para a infancia. Moitas grazas!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »