Matrícula curso 2023-24

ABERTO O PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO/A NO NOSO CENTRO O VINDEIRO CURSO 2023-24 DO 20 AO 30 DE XUÑO.

Para máis información:

981 802 421

680 168 637

cra.dodro@edu.xunta.gal

De viaxe por terras de Pontevedra

 O noso agreadecemento ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán pola acollida e a viaxe tan especial que organizaron para os nosos pequenos/as. A localización das imaxes pertencen aos exteriores do Pazo de Lourizán e á Lagoa de Castiñeiras, terras de Pontevedra. Comprometid@s co coidado da contorna natural e a loita contra o cambio climático no marco do programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta 2022-23.

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2023.

Audiolibro cultivando no CRA de Dodro

Proxecto desenvolvido ao longo do curso dentro do programa Mestres Gandeiros no marco do Plan Proxecta 2022/23.

 

Xornada de Convivencia alumnado 6º Infantil

Un ano máis o alumnado de 6º de Educación Infantil disfrutou xunto aos seus compañeir@s de promoción da xornada de convivencia, esta vez tendo como escenario a Escola de Vigo, na que @s profes coidaron ata o último detalle para convertir esta xornada en algo moi especial, e polas imaxes parece que así foi. Parabéns!

 

Programa escolar consumo de leite 2022-23

Do 18 de maio ao 14 de xuño, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o segundo período de reparto de leite nas nosas escolas.

Únete á compostaxe

Composteir@s comprometid@s co coidado da nosa contorna e o medio ambiente, xunt@s contra o cambio climático!.

 

Campaña DOA SANGUE CRA de Dodro 2023

O vindeiro martes 23 de maio a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue do SERGAS, dentro da campaña DOA SANGUE na que participa o noso centro concenciando aos nos@s pequen@s sobre a importancia de doar, desprazará unha unidade móbil a:

APARCADOIRO DO CENTRO MÉDICO DE LESTROBE

De 10:00 a 14:30 h. 

É por unha causa importante, acode a doar!

Máis información en http://ados.sergas.es

Sementeir@s 2.0

Aquí vos deixamos un adianto do ben que o están a pasar os nos@s pequen@s sementando, coidando e observando os cambios que se producen cada día nas súas cenorias, leitugas, amorodos,...

As actividades que estamos a desenvolver forman parte do proxecto "Cultivando con Lecra nas nosas escolas" dentro do programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta 2022-23.

Grazas á axuda económica da Comunidade de Montes Cruz do Avelán puidemos adquirir  invernadoiros para cada escola, maceteiros de madeira, materiais e recursos para sementar, e un montón de axuda e asesoramento para montalos e poñelos a funcionar, ademais de participar en actividades de plantación en colaboración co IES de Arzúa no noso centro. Por último, agradecer á Escola de Capacitación Agraria de Lourizán por contar connosco para desenvolver actividades co noso alumnado.

LeCras Galegas 2023

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!. Para celebrar esta data as familias déronlle vida aos seus contos. Moitas grazas pola vosa implicación.

Admisión novo alumnado curso 2023-24

RESOLUCIÓN DEFINITIVA

Todos os nenos/as que solicitaron praza no noso centro para o curso 2023-24 están admitidos/as. 

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21