Biblioteca
Día do Libro
Este ano polo Día do Libro, tivemos o pracer de contar coa colaboración do alumnado e profesorado do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Con este traballo tivemos a oportunidade de coñecer máis datos sobre un importante escritor do noso concello, Eusebio Lorenzo Baleirón.
Aquí vos deixamos este estupendo vídeo, no que de seguro, atopareces caras coñecidas.
Moitas grazas!!
Kalandraka e Paco Nogueiras
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2022.
Esta semana tivemos o pracer de recibir a visita de Paco Nogueiras no noso CRA. Os peques divertíronse moito coa súa actuación. Moitas grazas a Paco Nogueiras e a Kalandraka por facer posible esta actividade.
Día da Muller
No CRA unímonos á celebración do Día do Muller, destacando a todas as mulleres de Dodro, sobre todo aquelas que son importantes para os nosos peques. Grazas pola vosa colaboración!!
E ademais, aquí vos deixamos unha mostra dos murais que fixeron as cativas e cativos.
Tamén queremos agradecer de xeito especial ao CIM Terras de Iria o agasallo que nos fixeron para cada un dos peques e para cada escola do CRA: o libro "Os Bolechas visitan o CIM Terras de Iria". Grazas por contar con nós!
Para finalizar desexamos compartir con vós esta canción titulada "Sororidade" na que participan mulleres de Dodro, Padrón e Rois, co que o Centro de Información á Muller Terras de Iria, conmemora o Día da Muller 2022.
Plan LÍA de bibliotecas escolares
Esta semana recibimos nas escolas os materiais editados pola Consellería para os centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares. Os nosos peques xa poderán empregar estes bonitos marcapáxinas nos que se recolle o lema deste ano: "A biblioteca escolar ten a palabra".
Desde o CRA de Dodro seguiremos comprometidos co fomento da lectura e o uso das bibliotecas como fonte de entretemento e aprendizaxe.
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Hoxe, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No CRA tamén quixemos conmemoralo co traballo do conto "Pepita es especial". As nenas e nenos tiveron a oportunidade de achegarse ao Braille.
Tamén realizamos xogos motores, que axudaron ao noso alumnado a poñerse no lugar das persoas que sofren algunha discapacidade.
PREME NAS IMAXES PARA VISUALIZAR