CURSO 2021-22

 
 No CRA de Dodro comezamos un novo curso con alegría e ilusión,
dando a benvida aos cativos, que xa medraron un montón.
As profes estamos desexando encontrarnos co alumnado,
para vivir grandes momentos como os do curso pasado.
Este ano comezan unha nova etapa os maís pequenos,
que de seguro desfrutarán cos seus novos compañeiros.
Agradecer ás familias a confianxa posta en nós,
traballaremos nas escolas con todo o noso corazón. 

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/2022

DESCARGAR O DOCUMENTO EN PDF

 

ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022 (Lista definitiva)

TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO CENTRO PARA O CURSO 2021- 2022

FOI ADMITIDO

 

O prazo para a formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 21/22

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS


Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión, informamos a todos os interesados da lista provisional de admitidos.

 

TODOS OS ALUMNOS QUE SOLICITARON PRAZA FORON ADMITIDOS

 

Seguintes prazos do proceso de admisión:

- Publicación de LISTAXES DEFINITIVAS do alumnado admitido antes do 16 de maio

- FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 21/22

O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN 

DO 1 AO 22 DE MARZO DO 2021

 

O horario para a presentación de solicitudes na SEDE do CRA DE DODRO (Imo) será: luns, martes e venres de 9:30 a 10:30; mércores de 12:00 a 14:30 e xoves de 9:30 a 12:00. CON CITA PREVIA no teléfono 981 802421.

 

Documentos a presentar:

- ANEXO ED550B (asinado polos dous proxenitores)

- Fotocopia do LIBRO DE FAMILIA

- Fotocopia do DNI da nai, pai ou representante legal.

- Fotocopia do DNI do alumno (se o ten)

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

- Fotocopia da cartilla de vacinas

- Fotocopia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

 

Pódese descargar o modelo ED550B no documento adxunto a esta información.

Para calqueira consulta ou aclaración a dirección do centro queda a disposición das familias. A través do teléfono 981 802421 ou no correo electrónico cra.dodro@edu.xunta.es

 

ESPERÁMOSVOS NO CRA DE DODRO!!

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

Infórmase que TODO O ALUMNADO que solicitou praza no centro adscrito CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN para o curso 2021-22,en 1º de E. Primaria foi ADMITIDO.

Poderá consultar a lista na SEDE do CRA.

A dirección do CRA de Dodro que a disposición das familias para calqueira consulta.

COÑECENDO O CRA DE DODRO

COÑECENDO O CRA DE DODRO (preme aquí)

 

COÑECE O CRA DE DODRO CO SEGUINTE CÓDIGO

 

PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2021.

 

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 21/22

A información sobre o proceso de admisión, prazos e documentación queda recollida no documento adxunto.

Tamén poden consultar a páxina da Consellería no seguinte enlace:

- Información web Consellería: 

https://www.edu.xunta.es/portal/node/32849

- Apliacación ADMISIÓN ALUMNADO: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Para calqueira consulta poden poñerse en contacto co CRA de DODRO no teléfono 981 80 24 21 ou a través do correo electrónico cra.dodro@edu.xunta.gal

RESERVA DE PRAZA A CENTROS ADSCRITOS CURSO 2021/2022

ESTA INFORMACIÓN VAI DIRIXIDA AO ALUMNADO QUE REMATA A ETAPA DE E. INFANTIL E PASA A E. PRIMARIA NO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN  

O alumnado de 6º de E. Infantil (5 anos) que desexen facer a reserva de praza no centro CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, deberán presentar a solicitude dende o día 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2021.

A presentación do ANEXO ED550A poderase facer de maneira presencial ou telemática.

 PRESENCIAL

Na sede do CRA de DODRO, de luns, martes e venres de 9:30 a 10:20. Mércores de 12:00 a 14:15. Xoves 9:30 a 12:00.

DEBIDO A SITUACIÓN DA PANDEMIA DEBERÁN SOLICITAR CITA PREVIA PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO TELÉFONO 981 80 24 21

 

TELEMÁTICA

     A través da páxina da Consellería no seguinte enlace: 

     https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

     Deberán presentarse igualmente as solicitudes telemáticas no centro.

Para calqueira consulta ou dúbida, a dirección do centro queda á disposición das familias do CRA de DODRO 

 

     Pódese descargar o anexo nesta publicación ou solicitalo no CRA. 

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID19

Nova versión do protócolo de actuación fronte ao COVID 19 remitido pola Consellería, do día 4 de novembro de 2020.

 

ENLACE Á WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CON TODA A INFORMACIÓN EN RELACIÓN A ESTES ASPECTOS.

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21