Biblioteca
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
O 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e no CRA tivemos a gran sorte de contar con dúas colaboracións especiais.
O Concello organizou CONTACONTOS NO CRA pola semana contra a Violencia de Xénero e ata as escolas veu Raquel que nos amenizou a mañá co conto: A BONECA DE LUCAS e cunha actividade plástica posterior.
O venres 25 de novembro visitamos á Biblioteca Municipal e alí unhas nais do CRA léronnos 2 contos: UNHA PARELLA DIFERENTE E BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS.
Qué ledicia escoitalas e que ben o pasamos!! Os máis pequenos non paraban de rir. Posteriormente, fixeron unha manualidade e cada neno/a levou o seu ananiño para casa.
Queremos darvos as grazas por compartir estes momentos con nós. Esperamos que haxa moitos outros.
Visita oa centro de Día de Dodro
Os peques e profes do CRA tivemos a oportunidade de celebrar a Festa das Letras visitando o Centro de Día de Dodro, no que desfrutamos da lectura dun conto e pasamos un rato moi agradable xunto cos maoires do centro. Moitas grazas a todos!!
Día das Letras Galegas
Este ano a nosa amiga Lecra preséntanos ao escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán. No seguinte vídeo poderedes coñecer cousiñas interesantes da súa vida e obra.
Agardamos que vos guste!!!!
Os nosos peques tamén coa axuda das familias, tamén decoraron unhas bonitas palabras galegas que vos amosamos a continuación...