Hixiene dental

Unha das temáticas que estamos a traballar no CRA ao longo deste curso é o corpo humano. Un aspecto fundamental é a saúde bucodental, e para falarnos do seu coidado visitounos Maruxa, membro do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, que nos explicou, de forma moi amena e divertida, o que temos que facer para estar sans. Moitas grazas!!

 

Programa escolar de consumo de froita e leite 2021-22

Do 14 ao 25 de febreiro, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o primeiro período de reparto de froita nas nosas escolas!.

Día da Paz

No CRA celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz (30 de xaneiro), escribindo os nosos mellores desexos nunha mensaxe que "gardamos" nunha botella, para que cheguen a través dos mares e océanos a toda a xente do mundo. Ademais, interpretamos a nosa particular adaptación dunha canción que de seguro vos soará.

Agardamos que vos guste!

 

Plan LÍA de bibliotecas escolares

Esta semana recibimos nas escolas os materiais editados pola Consellería para os centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares. Os nosos peques xa poderán empregar estes bonitos marcapáxinas nos que se recolle o lema deste ano: "A biblioteca escolar ten a palabra".

Desde o CRA de Dodro seguiremos comprometidos co fomento da lectura e o uso das bibliotecas como fonte de entretemento e aprendizaxe.

RobótiCRA

E por fin chegou a robótica ás nosas escolas!. Este curso o equipo docente do CRA, comprometido coa innovación educativa, apostou por comezar a iniciar ao noso alumnado na programación e codificación a través deste interesante e divertido proxecto, que ademais de favorecer o desenvolvemento de conceptos como o pensamento crítico, a lóxica, a imaxinación, a creatividade, habilidades de comunicación,... encántalles aos nosos/as pequenos/as. 
 

DÍA DA EDUCACIÓN

 Dicía Nelson Mandela que “a educación é a arma máis poderosa que podes empregar para cambiar o mundo”. O 24 de xaneiro quixemos celebrar no CRA o Día da Educación co noso alumnado. Traballaron palabras relacionadas co tema, coas que elaboraron unhas bonitas pulseiras, visitaron de forma virtual o Museo Pedagóxico de Galicia, no que puideron ver cómo eran as escolas hai moitos anos, e debuxaron a súa propia versión dunha escola.

Ademais, comprenderon o importante que é a educación para moitas nenas e nenos do mundo, que fan un enorme esforzo para acudir á escola. Convidámosvos a ver o seguinte vídeo, co que os noso peques quedaron impactados. 

Learning with teacher Ana

Aquí están os nenos e nenas do CRA aprendendo as diferentes partes do corpo en inglés. Pinchando sobre as imaxes poderedes ver algún dos xogos, contos ou cancións cos que traballamos e nos divertimos en clase.

Programa escolar de consumo de leite 2021-22

Do 24 de xaneiro ao 18 de febreiro, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o primeiro período de reparto de leite nas escolas, por suposto, LEITE 100% GALEGA!!!.

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21