Día do Libro
Este ano polo Día do Libro, tivemos o pracer de contar coa colaboración do alumnado e profesorado do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Con este traballo tivemos a oportunidade de coñecer máis datos sobre un importante escritor do noso concello, Eusebio Lorenzo Baleirón.
Aquí vos deixamos este estupendo vídeo, no que de seguro, atopareces caras coñecidas.
Moitas grazas!!
Kalandraka e Paco Nogueiras
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2022.
Esta semana tivemos o pracer de recibir a visita de Paco Nogueiras no noso CRA. Os peques divertíronse moito coa súa actuación. Moitas grazas a Paco Nogueiras e a Kalandraka por facer posible esta actividade.
Admisión de novo alumnado no CRA DE DODRO para o curso 2022-23
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS
TODOS AS NENAS E NENOS QUE SOLICITARON PRAZA NO CRA DE DODRO PARA O VINDEIRO CURSO ESTÁN ADMITIDOS. MOITAS GRAZAS.
Día Mundial da Saúde
Con motivo do Día Mundial da Saúde, esta semana os nenos e nenas do CRA saíron a camiñar polos arredores das escolas, recordando a importancia de manter uns hábitos de vida saudables: descansar ben, comer san e facer exercicio. Ademais, deste xeito aproveitamos para coñecer todos a contorna dos nosos coles e apreciar o que temos máis cerca: os parques, os camiños, os bosques, os hórreos,... Que ben o pasamos!!!
Tamén vimos nos mapas o camiño que faciamos e anotamos a distancia e o tempo que camiñamos. As nenas e nenos levan un caderno para as casas, por se alguén quere facer coa familia algún outro paseo e anotalo no seu caderno.
Agardamos que o desfrutedes moito!!
Días non lectivos
Voltamos ás escolas o martes 19 de abril!. Feliz Pascua!
Programa escolar de consumo de froita 2021-22
Do 1 ao 22 de abril, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o segundo período de reparto de froita nas nosas escolas!.
Semana da prensa
Unha das novas que máis relevancia ten na actualidade é, sen dúbida, a guerra en Ucrania. No CRA contamos cuns pequenos xornalistas que, aproveitando a Semana da Prensa, aportan a súa visión do conflito neste xornal que a continuación vos presentamos.
Día da Muller
No CRA unímonos á celebración do Día do Muller, destacando a todas as mulleres de Dodro, sobre todo aquelas que son importantes para os nosos peques. Grazas pola vosa colaboración!!
E ademais, aquí vos deixamos unha mostra dos murais que fixeron as cativas e cativos.
Tamén queremos agradecer de xeito especial ao CIM Terras de Iria o agasallo que nos fixeron para cada un dos peques e para cada escola do CRA: o libro "Os Bolechas visitan o CIM Terras de Iria". Grazas por contar con nós!
Para finalizar desexamos compartir con vós esta canción titulada "Sororidade" na que participan mulleres de Dodro, Padrón e Rois, co que o Centro de Información á Muller Terras de Iria, conmemora o Día da Muller 2022.
O noso Entroido en Dodro
Qué importante é coñecer o noso contorno, sobre todo o máis próximo. En Dodro temos a sorte de contar con numerosos lugares, espazos naturais e construcións que teñen unha grande riqueza estética e cultural. Desde o CRA, coa colaboración dos nosos peques e das familias, queremos compartir estas xoias do noso Concello para que desfrutedes tamén do noso patrimonio.
Agardamos que vos guste!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »