CRA de Culleredo

escola

PEQUENOS CIENTÍFICOS

Fixemos experimentos coa auga. Estudamos a combustión e a refracción. Logo creamos unha lámpada de lava.

OS ESTADOS DA AUGA

Na clase observamos os estados da auga: líquido, sólido e gasoso.

AS NOSAS APORTACIÓNS SOBRE O MAR

Ao longo do curso trouxemos traballos sobre o mar que amosamos ao demais.

RECUPERAMOS O NOSO TESOURO

O 12 de xuño no castelo de Santa Cruz, despois de pasar probas e seguir as pistas de PATACRÁ recuperamos o tesouro. Foi moi diver!!!

Xa somos piratas para sempreeeeee.

PATACRÁ

Decidimos que queriamos ser piratas e entón buscamos un tesouro que gardamos na nosa escola.

Enterouse o pirata PATACRÁ e apareceu un día pola clase. Levounos o tesouro e deixounos un pergamino onde dicía que para ser piratas para sempre tiñamos que recuperalo tesouro. Qué susto levamos!! Levounos o noso tesouro!!!!

JORGE PETEIRO pintou o mar e...

Estivemos estudando ao pintor Jorge Peteiro. Nos seus cuadros aparece o mar, o río ... e tamén o castelo de Santa Cruz que imos visitar na excursión de final de curso.

LÁMPADA DE LAVA

Como pequenos científicos fixemos unha lámpada de lava.

OUTRO EXPERIMENTO

Outro día que nos convertimos en pequenos científicos, observamos a refracción da auga coa axuda do profe Iván.

O Recuncho cos traballos do mar

Ao longo do curso traballamos o mar e fixemos un recuncho que nos quedou moi interesante e artístico.

TITO a mascota de Iván

Un día o noso compañeiro Iván trouxo un agaporni á escola. É a súa mascota. Chámase TITO.

Distribuir contido