Un ano máis aproveitamos a nosa contorna para facer a primeira saída deste curso 2021/22, pola Vía Verde.
Partimos dende un punto pactado e percorremos o camiño da antiga vía de tren para rematar o traxecto na Azucreira de Portas, onde tomamos a merenda, facemos xogos e gozamos dunha mañá ao aire libre.
Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos. Clicade na imaxe de abaixo.