Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Prezadas familias,

De acordo coa normativa vixente respecto dos órganos colexiados de goberno dos centros docentes públicos non universitarios, procede levar a cabo no curso actual a renovación parcial de membros do Consello Escolar deste colexio.

Segundo o cumprimento da Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG do 29 de setembro 2021) no vindeiro mes de novembro realizarase o proceso electivo para membros do Consello Escolar. Para organizar e supervisar dito proceso deberá ser nomeada unha xunta electoral, da que formará parte a directora, un mestre ou mestra e un pai ou nai ou titor legal e un representante do PAS. Para iso, o venres 29 de outubro, ás 13:30  horas, terá lugar na Sede do CRA o sorteo público do que resultarán os membros: sector de pais/nais e mestres/as que constituirán a citada Xunta Electoral.

Posteriormente recibirán vostedes información sobre as distintas accións que se levarán a cabo para o desenvolvemento desta renovación parcial do Consello Escolar.

Neste curso renovaranse dous mestras/es e unha nai/pai.

O Consello Escolar é o órgano colexiado a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade educativa.

É pois moi importante a implicación e participación de todos/as.

Cordiais saúdos.

 

 

 NOVO : ÚLTIMAS INSTRUCCIÓN PARA AS ELECCIÓN E PRESENTACION DE CANDIDATA

 

                XA TEDES DISPOÑIBLE A CONVOCATORIA  DE ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE NAIS/PAIS

               Na sede do CRA quedan expostos os censos electorais.

AnexoTamaño
Calendario eleccións Consello Escolar.pdf285.53 KB
convocatoria consello escolar.pdf729.23 KB
ultimas instruccións eleccións.pdf62.21 KB


page | by Dr. Radut