Proxecta
O BOLERO
Tiñamos en todas as escolas do CRA preparado un baile " O xogo da Carrasquiña" para facer coas visitas do Encontro Interxeneracional e facelos bailar con nós. Na escola de San Fins ían vir as mesmas persoas que foron á escola de San Xián así que preparamos outro baile para ensinarllo e bailalo con elas, cas mestras e con todas as nosas familias. A moverse todos e todas!!!!
A MÚSICA CLÁSICA
Na clase de música temos un xeito especial de escoitar a música clásica. Ás veces, da man dos Little Einstein que nos fan bailar, cantar, recoñecer fragmentos musicais e nos ensinan diversos instrumentos e calidades musicais; pero outros a través de musicogramas.
Desta volta puxémoslle letra á Primavera de Vivaldi:
La Primavera llegó
y de flores todo cubrió,
laralá laralá lala..
Ya llega la Primavera,
ya llega la Primavera,
no espera,
la Primavera llegó
e aprendimos unha coreografía cos panos. Tiñamos que estar moi moi atenntos á instensidade da música que era a que nos indicaba o cambio de movemento.
A CLASE DE MÚSICA
Este curso deu moito de sí pois acordamos iniciar todos os días espertando os nosos corpos a través de diferentes danzas e xogos de percusión.
Aprendimos moitas cousas e fixemos moitas actividades da man da profe Elena.
Pouquiño a pouco iremos subindo as nosas actividades e traballiños nesta lapela para que saibades o que imos facendo.
Trouxemos instrumentos da casa para ensinarllos aos compis pois nos fai moitísima ilusión.
Puidemos tocalos e bailar coa música que faciamos con eles.
AS LETRAS GALEGAS TAMÉN AS TRABALLAMOS CON MÚSICA
Na clase de música traballamos con poesías de Luísa Villalta, pero dun xeito especial, a través da música. Da man da Banda da Loba traballamos as tan fermosas letras desta escritora acompañada cunha música espectacular
Proxecta con FOGGA de merendas saudables
Un ano máis rematamos as dúas quendas de froita e leite na escola. A primeira tivémola no mes de xaneiro e a segunda rematamos a pasada semana, xa no mes de Maio. Este proxecto enmarcado dentro do FOGGA sobre vida saudable, convidamos ás familias a participar en dous períodos de leite e froita de, 10 días consecutivos no caso da froita e 20 de leite. Durante este tempo, o alumnado participante consumirá estos productos sen procesar, na hora do recreo. Deste xeito, para o vindeiro curso continuaremos con estas e outras iniciativas que favorecen hábitos de vida e que nos axuden a fortalecer a nosa saúde.
PASABODEGUIÑAS´23
Un ano máis, puidemos xuntarnos en San Miguel de Sarandón para celebrar o xa tradicional Pasabodeghiñas. O tempo non nos deixou desfrutar da esencia desta saída, nada máis e nada menos que percorrer os carreiros da aldea de Ximonde e mesmo entrar nas eiras dos veciñ@s, como a do Cabaleiro e a de González, que tan ben nos reciben sempre.
Nesta ocasión foi a Casa da Cultura de Sarandón a que acolleu aos nenos e nenas do CRA e ao alumnado de 2º de Primaria do CPI de Vedra, que se uniron a nós para coñecer un pouco máis de cerca esta nosa tradición e gozar, en primeiro lugar, do contacontos co que nos agasallou o Concello de Vedra da man de Raquel Queizás e que leva por título "Conto me río"..., e tanto que rimos!.
De seguido, foron os xogos populares que a Asociación Cultural San Campio e o Concello de Vedra nos deixaron, os encargados de facernos pasar un rato máis que divertido cos nosos amigos e amigas do CPI de Vedra.
A continuación, a merenda e as castañas foron as protagonistas. Este ano, o profe Antonio, por mor da climatoloxía non puido asalas, e como ben sabemos, Sarandón é unha parroquia na escola e sempre disposta a botar unha man. Nesta ocasión, Chus asounos as castañas na súa panadería, en Sarandón e podémosvos asegurar que estaban deliciosas.
Xa para rematar, fixemos unha representación da queima dos nosos medos con conxuro incluído.
Antes de marchar, alí deixamos as nosas siluetas para decorar o espazo infantil do Pasabodeghas. A nosa idea era estar dalgún xeito presentes nunha festa tan grande e como a temática desta edición era a tradición oral, acompañamos as siluetas con refráns, cantigas e trabalingüas.
Finalmente, tocou subir aos buses, que tamén nos fai moita ilusión, e marchar para as nosas escolas coa esperanza de que o vindeiro pasabodeghiñas sexa polos camiños da parroquia de San Miguel de Sarandón.
Viva o Pasabodeghiñas!!! Viva o Pasabodeghas!!!....e o millo sen apañar!!!!.
No seguinte vídeo poderedes ver un resumo do que dou de si esta xornada.