Reunións profesorado
Xuntanzas Claustro
Todos os martes en horario de 16 a 18 horas, o profesorado reúnese, ben de xeito presencial ou telemático. Nestas xuntanzas, trátanse temas de importancia, relacionados ca organización do centro.
Ao longo do mes, cada martes xestiónanse diferentes temas, sendo a primeira parte da reunión dedicado a dar avisos e informacións máis salientables de cara a esa semana.
Cada martes ten a seguinte estructura: Un martes reúnese o profesorado na denominada CCP (comisión de coordinación pedagóxica) para falar temas de interese do alumnado e solventar calquera necesidade que poida xurdir. Outro martes o profesorado reúnese por equipos (Tics, Normalización e Biblioteca). De cara ao sequinte martes, ponse en común o acordado nos equipos e o claustro reúnese de novo en 2 novos equipos (Convivencia e Benestar, integrado polas especialidades e apoios e por outra parte, o equipo de Mediambiente, formado polas titorías). O derradeiro martes é a quenda do equipo de Orientación, no que da pautas ao profesorado que o precise.
A peculiaridade dos CRA coa dispersión das escolas fai que esta xuntanxa sexa moi importante de cara ao centro, tanto a nivel relación entre o profesorado, como de organización de centro, xa que as actividades, excursión e diferentes proxectos que se levan a cabo, son nestas xuntanzas cando se propoñen e presentan, sendo de seguido, o profesorado nas casas, cando o desenvolve, poñéndoos en práctica nas aulas ou nas convivencias conxuntas que se organizan.