Camporrapado
De visita pola residencia de Codeso
O alumnado de Camporrapado visitou a residencia de Codeso, logo de 7 anos da primeira visita.
Como averiguaron que tiñan horta, compartiron a súa sementeira con el@ e a colleita de leituga. E xa sabemos que a ensalada estaba deliciosa.
Aproveitamos un dos nosos burros entroideiros para levarlles a sorpresa. Identificamos as sementes con carteis. Tamén lles levamos o desfile de carrozas de San Cidre. Case non hai ningún residente da nosa zona, polo que aproveitamos o material do entroido para presentarlles a nosa festas.
Fixemos o desfile cantando unha versión carroceira do tradicional "zúmballe ao caneco". Despois cada nen@ presentou a súa carroza. E de recordo démoslle unha das minifotos da carroza das 50 edicións da festa de @oscheasoficial.
A continuación gozamos un dos nosos contos favoritos "as filloas de Manola", contado pola profe Andrea. Fixemos filloas e compartímolas cos maiores. O que lles gustou repartir as filloas e o que lle souberon a grandes e pequenos.
Despois de unha boa merendola, á que fomos convidad@s, fixemos unha sesión de psicomotricidade na que traballamos con aros e pelotas. Actividade de gran importancia para a rutina diaria dos residentes para manterse activ@s e saudables.
Unha vez rematada a merenda, visitamos as instalacións: vimos as habitacións onde descubrimos pequenas cousas sobre os e as residentes: hai quen ten unha boneca, porque lle gustan os bebés, quen fai mantas de cores marabillosas, quen adora pintar...
Tamén vimos o cuarto de lavadoras, que as máis peques fascinoulles e a sala de rehabilitación, onde estivemos probando todos os aparatos que puideron.
Marcharon cargados de enerxía e de agasallos, debuxos e un detalle moi chulo para cada nen@.
Mil grazas por recibirnos con tanto agarimo. Esperemos poder repetilo.
E grazas ás familias polo carrexamento, se vós sería inviable.
Ao día seguinte falamos sobre esta experiencia. Estaban moi emocionad@s e fixeron uns debuxos do que máis lles gustou que lles mandaremos para a residencia.
Material traballo Camporrapado
1- INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS
Bo día familias. Envíovos un enlace cun vídeo e un pdf sobre o coronavirus.
2-CALENDARIO
Tedes tamén un calendario para facer diariamente coas actividades relacionadas na segunda páxina do pdf. E outro pdf cunha recta numérica.
3-XOGO MATEMÁTICO
*buscar o número que lle digades nun panel e nas diferentes representacións (dedos, dado, nº)
*poñer enriba de cada número igual número de obxectos.
4- PERSONAXE DE CONTO
Os martes deixareivos o enlace a un conto. Traballaremolo do seguinte xeito: escoitar o conto sen ver as imaxes. Ver as ilustracións no vídeo. Escribirán o título na parte superior dun folio e debuxarán a personaxe do conto (achego eu a ilustración). Mandareivos unhas instrución individuais para realizar a parte escrita, xa que cada quen está nunha etapa diferente.
5-PLASTICMONSTERS
Proposta medioambiental. Tedes toda a info no documento 5. E nestes enlaces podedes ver máis información sobre a orixe da proposta.
https://es.greenpeace.org/es/noticias/llevamos-el-monstruo-de-plastico-h...
https://www.greenpeace.org/international/story/21822/plastic-monsters-fr...
6- DÍA DA TRADICIÓN ORAL
Nos arquivos adxuntos tedes toda a info
7-O NOME PROPIO
traballo co nome propio (material adxunto)
8- DÍA DA POESÍA
(ver material adxunto e os audios que vos mando polo whasapp)
Bo día familias!
O 21 deste mes é o día da poesía e para conmemoralo desde o equipo de biblioteca seleccionamos 3 retahílas co obxectivo de xogar con este tipo de texto.
A retahíla é un tipo de poesía de tradición oral, rimada e cun ritmo moi rápido. Teñen un carácter lúdico e son un bo recurso para traballar a fluidez verbal, a imaxinación e a memoria.
Que actividades podedes facer para xogar con elas?
- Recitarlla varias veces
- Recitala en eco (recitades un verso e el@s repíteno)
- Recitar o principio do verso e que digan a palabra final, a rimada.
- Recitar un verso e que digan o seguinte.
- Recitala moi, moi despacio e ir incrementando a velocidade ata facelo rapidísimo.
- Recitala saltando, ou poñendo os pelos de punta, tapando o nariz, saltando a comba, inventando un xogo de palmas…
- Podedes gravar un audio recitándoas se vos apetece. E mandalo ao teléfono do cole.
- E gravar retahílas que coñezades e así podemos facer unha colección. Mandádeas ao teléfono do cole.
Podedes usalas para botar a sortes a quen lle toca face unha tarefa, quen empeza un xogo….
Xa veredes que rápido as aprenden, moito antes ca nós.
Esperamos que desfrutedes da actividade.
9- ACTIVIDADES DE CONTEO
Deixovos un pdf con exemplos de actividades para traballar o conteo. Adaptade o material que aparece ao que teñades pola casa. Irei subindo arquivos con actividades matemáticas diversas. Son ideas para poder ir facendo na casa. Non é necesario facelas todas, se non as que vos pareza que máis lles poden gustar aos vosos pequen@s.
10- PERSONAXE DE CONTO
"Perdido"
11-XOGOS DE MESA
(ver adxunto) (Fonte: http://aulasgalegas.org/xogos-de-mesa-matexogos/)
12- DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO
(ver documentos adxuntos)
Bo día familia!
O 27 de marzo celébrase o día do teatro, e desde os equipos de dinamización da lingua galega e biblioteca queremos facervos a seguinte proposta.
Achegamos un documento co texto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas. Este conto relata unha vivenza do autor de cando era pequeno.
A proposta que vos facemos é que leades o conto aos vos@s fill@s e que logo fagan un pequeno teatro de monicreques da parte do texto onde Ricardo vai salvar ás pitas da choiva.
Tedes un arquivo anexo coas siluetas e as instrución de montaxe da nosa proposta con imaxes de artistas galegos.
Obras seleccionadas para os monicreques
1: “ A feiranta” Luís Seoane (avoa)
2: “Florisel” Laxeiro (Ricardo)
3: Peza de Sargadelos (galo)
4:Peza de Sargadelos (galiñas)
Agardamos que vos guste o conto e que disfrutedes representándoo.
13- ACTIVIDADES DE DESCOMPOSICIÓN, COMPLEMENTARIOS DO 10 E CADRANTE DO 100.
(Ver material adxunto)
14- PERSONAXE DE CONTO
15- PERSONAXE DE CONTO
16- PERSONAXE DE CONTO
17- PERSONAXE DE CONTO
18- PERSONAXE DE CONTO
19- PERSONAXE DE CONTO
20- PERSONAXE DE CONTO