Festas, conmemoracións e saídas

San Xián

PLAN DIXITAL

No arquivo adxunto podedes ver o Plan Dixital da Escola de San Xian

O terceiro trimestre de San Xián Infantil.

Chega a fin doutro trimestre. Este un pouco máis especial posto que tamén implica o fin dunha etapa, dun curso. Grazas por cada un dos momentos vividos, por encherme o corazón de emocións e por aprender día a día con vós. Lévome un pedaciño de cada un de vós que sempre formará parte da mestra que son.

Seguide sendo igual de únicos e auténticos pero, sobre todo, seguídelle mostrando ao mundo o gran corazón que tedes! Sodes ESTUPENDOS E ESTUPENDAS.

Pinchando na imaxe poderedes ver algunha das nosas aventuras deste terceiro trimestre.

Disfrutade véndoo todo o que nós disfrutamos aprendendo!

Mil grazas familias.

Bo verán!

 

 

Resumo express do noso segundo trimestre.

O tempo voa e dicimos adeus a outro trimestre máis... Este moi curtiño pero no cal nos dou tempo a seguir aprendendo, celebrando, xogando, manipulando e, sobre todo, compartindo cos amigos e amigas. 

Agora toca disfrutar dos primeiros días primaverais en compañía das familias para voltar no terceiro trimestre con novas e mellores experiencias!

Facendo clic sobre a imaxe accederedes a un pequeno vídeo - resumo deste segundo trimestre que remata.

Grazas por ser tan guais!

Boas vacacións! 

O primeiro trimestre de San Xián infantil.

Este primeiro trimestre remata e con el as mil e unha aventuras vividas: a alegría de compartir cos amigos e amigas, a emoción das primeiras veces, as risas, as caídas e choros con consolación, as aprendizaxes e os erros, que tamén son moi importantes...

No seguinte vídeo tedes un pequeno recopilatorio dalgúns deses momentos. Collede folgos que no segundo trimestre máis e mellor!

Bo Nadal nenos e nenas! Bo Nadal familias!

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Iniciar sesión