Educación Musical
XOGAMOS E APRENDEMOS ONLINE
E tanto que aprendemos. Tanto facemos un memory como recoñecemos sons de instrumentos, como debuxamos a clave de sol ou colocamos as notas no pentagrama... CASE NADA!!!!
O BOLERO
Tiñamos en todas as escolas do CRA preparado un baile " O xogo da Carrasquiña" para facer coas visitas do Encontro Interxeneracional e facelos bailar con nós. Na escola de San Fins ían vir as mesmas persoas que foron á escola de San Xián así que preparamos outro baile para ensinarllo e bailalo con elas, cas mestras e con todas as nosas familias. A moverse todos e todas!!!!
A MÚSICA CLÁSICA
Na clase de música temos un xeito especial de escoitar a música clásica. Ás veces, da man dos Little Einstein que nos fan bailar, cantar, recoñecer fragmentos musicais e nos ensinan diversos instrumentos e calidades musicais; pero outros a través de musicogramas.
Desta volta puxémoslle letra á Primavera de Vivaldi:
La Primavera llegó
y de flores todo cubrió,
laralá laralá lala..
Ya llega la Primavera,
ya llega la Primavera,
no espera,
la Primavera llegó
e aprendimos unha coreografía cos panos. Tiñamos que estar moi moi atenntos á instensidade da música que era a que nos indicaba o cambio de movemento.
A CLASE DE MÚSICA
Este curso deu moito de sí pois acordamos iniciar todos os días espertando os nosos corpos a través de diferentes danzas e xogos de percusión.
Aprendimos moitas cousas e fixemos moitas actividades da man da profe Elena.
Pouquiño a pouco iremos subindo as nosas actividades e traballiños nesta lapela para que saibades o que imos facendo.
Trouxemos instrumentos da casa para ensinarllos aos compis pois nos fai moitísima ilusión.
Puidemos tocalos e bailar coa música que faciamos con eles.
AS LETRAS GALEGAS TAMÉN AS TRABALLAMOS CON MÚSICA
Na clase de música traballamos con poesías de Luísa Villalta, pero dun xeito especial, a través da música. Da man da Banda da Loba traballamos as tan fermosas letras desta escritora acompañada cunha música espectacular
O DÍA DO LIBRO DESDE A CLASE DE MÚSICA
Desde a clase de música tamén estivemos a traballar o día do libro. A profe Elena ensinounos e contounos contos sobre música, a historia do pentagrama e as notas...pero o que máis non chamou a atencíon foi un libro que nos trouxo sobre compositoras de música clásica. Sempre se escoita falar de compositores en masculino, os que obtiveron a fama que chegou ata os nosos días son compositores homes pero con este libro aprendimos que había mulleres que tamén compoñían música pero ás que non lles deron a oportunidade nin o recoñecemento que merecían simplemente por ser mulleres.
CELEBRAMOS O DÍA DE EUROPA CO PROXECTO INTERCULTURAL
Outro ano máis, grazas ao voluntariado de Don Bosco en coordinación coa mestra Elena, puidemos levar a cabo novamente este proxecto tan interesante para o centro.
Desta volta acompañáronnos catro países: Grecia, Francia, Italia e Luxemburgo.
Aprendimos moitas cousas destes países e aínda que a fala é distinta, sempre atopamos un nexo de unión entre as diferentes culturas: A MÚSICA
PREMIOS NO SERÁN DAS LETRAS
Este ano, da man de Elena, a mestra de música, o alumnado do CRA presentouse ao concurso SERÁN DAS LETRAS. Participamos en dúas categorías e cal foi a nosa sorpresa que levamos 3 premios e un Accésit.
Por outra parte, dende ao organización deste Serán, a asociación San Campio, agasallou ás/os participantes con un bonito detalle, do que se lle fixo entrega nas escolas.
Moi ben feito rapaces e rapazas, sodes uns CRACS...e parabéns á organización!!
OBRADOIRO DE MÚSICA E DANZA TRADICONAL CON MARINA VIDAL MÍGUEZ
Durante esta semana das Letras Galegas tivemos a sorte de contar coa colaboración de Marina Vidal Míguez, integrante do grupo Fillas de Casandra. Con ela realizamos un obradoiro de música e danza tradicional no que ensalzamos a riqueza da nosa cultura e folklore e desfrutamos moito aprendendo a tocar algún instrumento como a pandeireta, a gaita, o tambor, o pandeiro, a pandeira, a botella, a tixola, as castañolas... Ademais aprendemos diferentes danzas e pasos de muñeira e jota. Xa podemos ir a calquera foliada a poñelos en práctica!
ENTROIDO 2024
Un ano máis desfrutamos do noso entroido dun xeito máis que especial.
Primeiro traballamos moito, moito nas escolas facendo os nosos disfraces coa axuda das familias nuns marabillosos talleres. Este ano a nosa temática foron as festas das nosas parroquias polo que Camporrapao disfrazouse das Carrozas de San Cidrer, Sergude dos Xenerais da Ulla, Lestedo da Festa da Filloa, San Xián dos Xenerais da Ulla, San Fins da Festa da Orella e Sarandón de festa do San Migueliño.
Tivemos a nosa semana cos mandados do burro e cómo non a nosa convivencia de todas as escolas do CRA para a celebración da nosa festa.
Nun principio queriamos desfilar polas rúas de Lestedo pero por mor do mal tempo tivemos que facer o noso desfile no pavillón de Lestedo, eso sí, acompañados pola nosa Anpa e por moooooitas familias que viñeron a celebrar con nós esta grande festa.
Cantamos as nosas coplas adaptadas ao ritmo de Zúmballe o Caneco que ideamos na clase de Música ca profe Elena e desfilamos ao ritmo do Chuletón do grupo A Requinta da Laxeira, grandes amigos e coñecidos do CRA. Como estamos a participar no Plan Proxecta Móvete+ decidimos que esta canción sería o himno do noso entroido e estivemos a practicar unha sinxela coreografía que acompañase á nosa canción no desfile. Cos nervos e os disfraces non fixemos os movementos pero sí marcamos o paso como na marcha que traballamos na clase de Música.
Todas as escolas estiveron a participar traballando esta coreografía coa marcha como paso base.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos e o moito que traballamos.