Festas, conmemoracións e saídas

Educación Física

FALAN @S EXPERT@S

Coa intención de fomentar a práctica de actividade física e deportiva por parte do noso alumnado e de dar a coñecer a oferta de actividades da contorna, ao longo do curso fixemos diferentes xornadas nas que o alumnado participante nalgunha delas impartiu diferentes clases mestras de ximnasia rítmica (Club Squadra de Boqueixón), karate (Escola Deportiva do concello de Vedra), patinaxe (Club Ágora de patinaxe de Boqueixón), atletismo (Club Olímpico de Vedra) ou judo (Escola judo club de Boqueixón). Demostraron ser grandes expert@s en cada un deles, tanto na súa práctica coma á hora de transmitir os seus coñecementos e de dirixir a proposta ao resto do alumnado espertando ganas de seguir practicando todos eles.

 

 

7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Durante estes días nas diferentes escolas estamos a conmemorar o Día mundial da Saúde realizando unha serie de actividades que culminarán coa celebración dunha gran carreira pola saúde. Elaboramos entre tod@s listados de hábitos de vida saudables que deberemos incorporar ás nosas vidas: xogar ao aire libre, realizar exercicio, levar unha dieta equilibrada, reducir o tempo de pantallas ao mínimo,... Cos nosos favoritos fixemos a liña de meta e os dorsais necesarios para participar na carreira. Chegou o día tan agardado e non nos esquecimos de realizar un bo quecemento previo e de hibratarnos e estirar ao rematar a carreira puidendo repoñer forzas cunha rica merenda saudable. Podían correr ao ritmo que quixeran pero era importante agardar a falta de 5 metros da meta por tod@s @s compañeir@s para cruzala xunt@s formando un gran equipo.

Ademais, o alumnado de primaria converteuse por unha semana en axentes de saúde debendo velar polo cumprimento destes hábitos nos seus fogares, premiando ou multando a quen correspondese. Cónstanos que nalgún caso foron implacables.

 

 

8 M: DÍA DA MULLER

Entre as diferentes actividades realizadas para conmemorar o Día da Muller, este ano decidimos destacar a figura da atleta de triple salto Ana Peleteiro, resaltando tanto a súa valía profesional (recentemente proclamada 3ª do mundo nos campionatos de pista cuberta de Glasgow cun salto de 14,75 m., bronce nos Xogos Olímpicos de París,…) coma persoal: respectuosa coas súas rivais, valente, decidida e cunha personalidade arrolladora. Decidiu ser nai no mellor momento da súa carreira enfrontándose a moita xente que a criticou por pensar que sería a fin dos seus bos resultados e demostrando tan so un ano despois que se equivocaban.

Atleta reivindicativa, nunha ocasión afirmou nuha entrevista que “Se hoxe estamos aquí é porque unha muller un día dixo: ¿Por qué non podemos ter os mesmos dereitos?” en referencia a Katherine Switzer que foi a primeira muller en correr a mataratón de Boston en 1967, polo que aproveitamos esta ocasión para achegarlle o alumnado tamén a súa historia.

Chegou a hora da práctica e despois de medir na escola os 14.75 m. do salto de Ana e quedar abraiad@s ao saber que é quen de percorrer esa distancia con tan so 3 saltos, probamos a ver cantos saltos necesitariamos dar nós para conseguilo. Isto nos motivou moito e adicamos varias sesións posteriores ao traballo desta habilidade motriz básica nas súas diferentes variantes. Foi moi divertido e pasámolo moi ben.

 

 

EXPERIMENTAMOS COS NOSOS SENTIDOS

Percibimos o mundo que nos rodea a través dos sentidos polo que o seu desenvolvemento é fundamental para a formación do seu coñecemento. Ao longo do mes de novembro estivemos a traballar nas diferentes escolas a estimulación sensorial con diferentes propostas que facilitaron o desenvolvemento de cada un deles (vista, oído, tacto, olfato e gusto). Xogamos con distintas imaxes, instrumentos, pelotas con axóuxeres, antifaces, botes con olores que tiñamos que emparellar, seguimos o rastro deixado por diferentes olores, detectamos texturas e formas,… pero o que máis nos gustou foi a celebración dunha cea romántica con velas e todo na que tiñamos que descubrir os ingredientes dos pratos que iamos degustar cos ollos vendados.

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado 1 de decembro David e Gael, da escola de San Xián, participaron na carreira de campo a través que tivo lugar na Área recreativa da Magdalena en O Pino, dentro do programa XOGADE. Foi unha experiencia moi divertida na que tivemos ocasión de vivir o ambiente do atletismo e de convivir con alumnado doutras escolas reencontrándonos con algún compañeiro de cursos anteiores.

Ao comezo estaban un pouco nerviosos pero en canto escoitaron o pistoletazo de saída os nervios quedaron atrás e fixeron unha carreira estupenda.

Gustounos moito a experiencia e quedamos con ganas de máis.

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Iniciar sesión