INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO
Estimadas familias!!
Como xa saberedes, o vindeiro 10 de setembro dará comezo o curso 2020-2021, un novo curso que sen dúbida será moi atípico, ainda que coa colaboración de tod@s, sen dúbida sairemos victorisoso de esta situación que nos tocou vivir.
Para todo o noso alumnado o centro abrirá as súas portas o 10 de setembro, agás para os do último curso de infantil, 6º de infantil, que será ao día seguinte, o 11 de Setembro. Para máis información, deixámosvos a ligazón ao Portal Educativo da Xunta, onde explica como será esta incorporación por cursos: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31769
Asemade, presentámosvos o período de adaptación, que afecta ao alumnado de 3 anos que se matriculou por primeira vez no segundo ciclo de Educación infantil. Este perído abrangue dende o 10 ao 30 de setembro e no seguinte cadro podedes ver como se levará a cabo:
Por outra parte e como ben sendo habitual, teremos a xuntanza de inicio de curso, pero este ano será no exterior de cada escola, para deste xeito, poder darvos toda a información de primeira man e poder solventar as posibles dúbidas que xurdan. Estas xuntanzas faranse os seguintes días e no horario que se indica:
Por último, lembrarvos que pola situación que estamos a vivir, só poderá asistir unha persoa por familia, respetando a distancia de seguridade e con máscara de protección. Moitas grazas a tod@s pola vosa comprensión. Agardámosvos!!