A METADE DO BISCOITO
Bo luns, familia!
Hoxe imos comenzar cun conto que lles gusta moito a tod@s en xeral: “Cocorico” da editorial OQO, escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch. Ahí vai:
No adxunto tedes unha ficha de comprensión do conto, por si a queredes facer.
Acabo de atopar un xogo Lim estupendo sobre Cocorico, feito pola mestra Belén Velasco da EEI Tarrio Samieira. Inclúe tamén o conto. Podedes premer directamente nas actividades se xa escoitáchedes o conto.
Agora imos a traballar o concepto de “METADE”. Para iso vos propoño unha actividade sinxela para que visualicedes o concepto.
Collede unhas poucas pezas, máis ou menos iguais (fabas, garabanzos, pastas, pedriñas, cereixas, ...) o que teñades pola casa. Imos meter nun pratiño unha cantidade par delas. Colleremos 2 pratiños máis e repartiremos a cada vez o conxunto das pezas nos pratiños, de xeito que en cada prato haxa a mesma cantidade. Cada un dos pratiños ten unha METADE do que había antes. Podedes mandar unha foto do voso reparto. Eu fixen este 2 repartos:
Para os máis atrevidos, vai este xogo online. Ven da web de Educapeques e traballa simultaneamente os conceptos opostos: METADE-DOBRE. O DOBRE dunha cantidade e sumar, contar 2 veces esa cantidade. Tedes que descargar o xogo no voso ordenador e logo abrilo para poder xogar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
secuencias18.pdf | 23.06 KB |