AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021
A Consellería de Educación vén de publicar a Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, participación no fondo solidario e de axudas para a adquición de material escolar.
En dita publicación, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2020, produciuse un ERRO, que aparece na páxina 20658:
O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renta das persoas físicas do exercicio 2018, aparece o 432 cando o correcto e que hai que ter en conta é o 435. Farase a corrección no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de presentación: do 20 de maio ao 19 de xuño.
Podedes acceder aos seguintes enlaces, nos que atoparedes toda a información necesaria:
O alumnado que pasa para 1º,2º e 3º e faga entrega presencial da solicitude, deberá levala ao Centro no que continuará os seus estudos o vindeiro curso 2020/2021, sempre que esté xa admitido.De non ser así entregarase no Centro no que está matriculado este ano.
Para calqueira dúbida, poñédevos en contacto coa dirección do centro no teléfono 616440471.
DEBIDO A SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS ESTABLÉCENSE AS SEGUINTES NORMAS:
-RECOMÉNDASE A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDOLIBROS
-SI DE XEITO EXCEPCIONAL FACEDES ENTREGA PRESENCIAL, SOAMENTE DE SE ATENDERÁ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 616440471. Á HORA DE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA, SOAMENTE SE PERMITIRÁ A ENTRADA DUNHA ÚNICA PERSOA NO CENTRO, SALVO CASOS DEBIDAMENTE XUSTIFICADOS.
No documento adxunto tedes a información resumida sobre este proceso.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Nota informativa familias CRA gratuidade libros 20-21.pdf | 301.63 KB |