MENSAXE ÁS FAMILIAS
Bos dias familias!!
Dende o CRA propoñemos a realización dun vídeo para que os nenos e nenas de cada unha das escolas se vexan e manden apoiosaos seus compañeiros.
Para iso propoñémosvos o seguinte:
- Gravar un vídeo dun maximo de 20 segundos en horizontal.
- Sen audio pero sí coa opción de que aparezan mensaxes escritas.
- Algunhas ideas para realizalo poderían ser accións que realicen no día a día e ó final saudar aos seus compañeiros.
Pedímosvos a vosa colaboración mandando os vídeos a cada unha das titoras e titores e así crear un vídeo que nos quede para o recordo.
Grazas de antemán e un saúdo para todos!!