Festas, conmemoracións e saídas

Día internacional da Muller e Igualdade

Como ben sabedes, o pasado 8 de marzo, conmemoramos o día internacional da Muller. Unha data no calendario para reflexionar sobre os avances realizados, pedir novas melloras e celebrar o valor e determinación das mulleres que desempeñan un papel clave na historia dos seus paises e comunidades.

 Neste centro, e ao longo de dita semana puxemos en marcha un Obradoiro de Igualdade (financiado con cartos obtidos polo Pacto de Estado en materia de igualdade), baseado nun contacontos con maxia, polo que, da man de David de CPM eventos e a participación do Mago Noel descubrimos a historia de Palmira e as dificultades que tivo ao chegar a unha nova escola, como se sentiu ó ser rexeitada polos demais e cal foi a peza clave para sentirse de novo segura de si mesma.

A continuación compartimos o ben que o pasaron os nenos e nenas de todas as escolas con dita experiencia!!

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión