Xoves Santo- Semana do 16 ao 20 de marzo
Durante a pasada semana levamos a cabo a presentación da Semana Santa, introducindo o domingo de Ramos como día de festa, de alegría e recibimento a Xesús e que nós seguimos a facelo levando a palma ou ramo de oliva á misa. Por outra parte, o seguinte día que compre lembrar é o Xoves Santo, día no que Xesús lle lavou os pes aos seus discípulos, como sinal de servizo aos demais, celebrou con eles a Última Cea e rezou no horto das oliveiras. Para lembrar este día, propóñovos estas actividades que libremente e sen ningún compromiso, podedes levar a cabo.
Por unha parte está un medallón no que a parece o Pan, símbolo do Xove Santo, e Xesús, o gran protagonista. Podedes colorealo, decoralo ao gusto e recortalo para facer un bonito colgante.
Tamén atoparedes unhas fichas na que, por unha parte, hai que rodear os elementos do Xoves Santo e colorear a Xesús, por outra porta aparece outra ficha na que lles aparece o lavatorio de pés, o pan e o viño, o que nos fai lembrar que este día foi a orixe da primeira misa.
Asemade, facilítovos estas ligazóns:
Aquí poderedes facer un puzzle:https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=03e169affce8
e aquí, visualizar o que aconteceu ata este día: https://www.youtube.com/watch?v=rAt1SttElxU
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Medalla pan.pdf | 170.88 KB |
Lavatorio, pan e viño.pdf | 185.03 KB |
ltima Cea.pdf | 352.99 KB |