Festas, conmemoracións e saídas

Material traballo Camporrapado

 

1- INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS

Bo día familias. Envíovos un enlace cun vídeo e un pdf sobre o coronavirus.

 

2-CALENDARIO

Tedes tamén un calendario para facer diariamente coas actividades relacionadas na segunda páxina do pdf. E outro pdf cunha recta numérica.

3-XOGO MATEMÁTICO

     *buscar o número que lle digades nun panel e nas diferentes representacións (dedos, dado, nº)

      *poñer enriba de cada número igual número de obxectos.

4-  PERSONAXE DE CONTO

Os martes  deixareivos o enlace a un conto. Traballaremolo do seguinte xeito: escoitar o conto sen ver as imaxes. Ver as ilustracións no vídeo.  Escribirán o título na parte superior dun folio e debuxarán a personaxe do conto (achego eu a ilustración). Mandareivos unhas instrución individuais para realizar a parte escrita, xa que cada quen está nunha etapa diferente.

 5-PLASTICMONSTERS

Proposta medioambiental. Tedes toda a info no documento 5. E nestes enlaces podedes ver máis información sobre a orixe da proposta.

https://es.greenpeace.org/es/noticias/llevamos-el-monstruo-de-plastico-h...

https://www.greenpeace.org/international/story/21822/plastic-monsters-fr...

 

6- DÍA DA TRADICIÓN ORAL

Nos arquivos adxuntos tedes toda a info

 

7-O NOME PROPIO

traballo co nome propio (material adxunto)

8- DÍA DA POESÍA

(ver material adxunto e os audios que vos mando polo whasapp)

Bo día familias!

O  21 deste mes é o día da poesía e para conmemoralo desde o equipo de biblioteca seleccionamos 3 retahílas co obxectivo de xogar con este tipo de texto.

A retahíla é un tipo de poesía de tradición oral, rimada e cun ritmo moi rápido. Teñen un carácter lúdico e son un bo recurso para traballar  a fluidez verbal, a imaxinación e a memoria.

Que actividades podedes facer para xogar con elas?

-        Recitarlla varias veces

-        Recitala en eco (recitades un verso e el@s repíteno)

-        Recitar o principio do verso e que digan a palabra final, a rimada.

-        Recitar un verso e que digan o seguinte.

-        Recitala moi, moi despacio e ir incrementando a velocidade ata facelo rapidísimo.

-        Recitala saltando, ou poñendo os pelos de punta, tapando o nariz, saltando a comba, inventando un xogo de palmas…

-        Podedes gravar un audio recitándoas se vos apetece. E mandalo ao teléfono do cole.

-        E  gravar retahílas que coñezades e así podemos facer unha colección. Mandádeas ao teléfono do cole.

Podedes usalas para botar a sortes a quen lle toca face unha tarefa, quen empeza un xogo….

Xa veredes que rápido as aprenden, moito antes ca nós.

Esperamos que desfrutedes da actividade.

9-  ACTIVIDADES DE CONTEO

Deixovos un pdf con exemplos de actividades para traballar o conteo. Adaptade o material que aparece ao que teñades pola casa. Irei subindo arquivos con actividades matemáticas diversas. Son ideas para poder ir facendo na casa. Non é necesario facelas todas, se non as que vos pareza que máis lles poden gustar aos vosos pequen@s.

10- PERSONAXE DE CONTO

"Perdido"

11-XOGOS DE MESA

(ver adxunto) (Fonte: http://aulasgalegas.org/xogos-de-mesa-matexogos/)

 12- DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

(ver documentos adxuntos)

Bo día familia!

 

O 27 de marzo celébrase o día do teatro, e desde os equipos de dinamización da lingua galega e biblioteca queremos facervos a seguinte proposta.

Achegamos un documento co texto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas. Este conto relata unha vivenza do autor de cando era pequeno.

A proposta que vos facemos é que leades o conto aos vos@s fill@s e que logo fagan un pequeno teatro de monicreques  da parte do texto onde Ricardo vai salvar ás pitas da choiva.

Tedes un arquivo anexo coas siluetas e as instrución de  montaxe da nosa proposta con imaxes de artistas galegos.

Obras seleccionadas para os monicreques

1: “ A feiranta” Luís Seoane (avoa)

2: “Florisel” Laxeiro (Ricardo)

3: Peza de Sargadelos (galo)

4:Peza de Sargadelos (galiñas)

 

Agardamos que vos guste o conto e que disfrutedes representándoo.

 

13- ACTIVIDADES  DE DESCOMPOSICIÓN, COMPLEMENTARIOS DO 10 E CADRANTE DO 100.

(Ver material adxunto)

 

 14- PERSONAXE DE CONTO

 15- PERSONAXE DE CONTO

 

 16- PERSONAXE DE CONTO

 

17- PERSONAXE DE CONTO

 

 18- PERSONAXE DE CONTO

 19- PERSONAXE DE CONTO

20- PERSONAXE DE CONTO

AdxuntoTamaño
1-explicación Coronavirus para nenos_0.pdf1.45 MB
2-calendario.pdf224.09 KB
2-recta-numerica-de-la-pandilla-rejilla.pdf5.3 MB
3-TABLEROS BLOG.pdf528.31 KB
4-ilustracion-Carabunas-GL-02.jpg11.22 KB
5-PLASTICMONSTER(1).pdf1.63 MB
6-día tradición oral.pdf120.05 KB
7-nomes.pdf64.77 KB
7-Actividades co nome propio.pdf159.3 KB
8-retahílas.pdf6.78 MB
9-actividades conteo coronavirus.pdf3.01 MB
10-perdido.png54.4 KB
5-EXEMPLO PLASTICMONSTER.pdf3.77 MB
11-Xogos de mesa para traballar conceptos matemáticos.pdf1.53 MB
12-As pitas baixo a choiva.pdf635.31 KB
12-PERSONAXES CONTO E INSTRUCIÓNS.pdf1.6 MB
13-ACTIVIDADES DESCOMPOSICIÓN, COMPLEMENTARIOS E CADRANTE 100.pdf1.99 MB
14-Mago rosa1.67 MB
15-A casa da mosca chosca72.33 KB
16- Chocolata7.76 KB
17- Frederick179.74 KB
18-A escaleira439.99 KB
19-Orellas de bolboreta1.18 MB
20-cocorico184.96 KB

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión