A nosa Ari, un dos dez finalistas a mellor docente de España 2019
Non podemos empezar de mellor xeito o mes de decembro que de celebración. Parabéns á nosa Ari, a profe da escola de Sergude por estar xa dentro dos 10 finalistas para acadar o recoñecemento de mellor profe do ano. Gracias aos pais e nais por valorar o seu gran traballo diario e facer que este soño sexa posible, para ela a para os que compartimos aulas con esta pedazo profesional e mellor persoa. Agora toca esperar ao 10 de xaneiro para coñecer as puntuacións de tod@s el@s e saber quen se alza co título oficial. Sen dúbida que xa tod@s son gañadores xa que non é doado chegar a ser uns dos 10 mellores de España...por algo será. Noraboa amiga!!!!