Samaín no CRA
Para rematar Outubro que mellor que celebrar o Samaín. Durante todo a última semana de mes, levamos ás escolas as cabazas que decoramos nas nosas casas e a verdade qua hai que recoñecer...somos uns artistaz@s!!
Para o día da festa do Samaín, disfrazámonos de canto personaxe terrorífico vos podedes imaxinar...foi un día no que os habitantes do CRA daban moooito medo.
Como toda festa que se precie, non faltou unha boa merenda terrorífica na que puidemos degustar dende tumbas, pantasmas, arañas, vasoiras e todo o que a nosa cabeciña e as nosas mans nos deron para preparar... e que non foi pouco!!
Preme no seguinte collage e verás un resumo dos nosos terroríficos traballos: