CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG 18 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
• Director do Centro.
• Unha mestra ou mestre.
• Unha nai ou un pai ou unha titora ou titor legal.
• Unha represente do persoal de administración e servizos.
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase na escola de Sergude o próximo venres, día 18 de outubro, ás 12:30 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar, deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias, que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do centro.