EXPERIMENTAMOS COS NOSOS SENTIDOS
Percibimos o mundo que nos rodea a través dos sentidos polo que o seu desenvolvemento é fundamental para a formación do seu coñecemento. Ao longo do mes de novembro estivemos a traballar nas diferentes escolas a estimulación sensorial con diferentes propostas que facilitaron o desenvolvemento de cada un deles (vista, oído, tacto, olfato e gusto). Xogamos con distintas imaxes, instrumentos, pelotas con axóuxeres, antifaces, botes con olores que tiñamos que emparellar, seguimos o rastro deixado por diferentes olores, detectamos texturas e formas,… pero o que máis nos gustou foi a celebración dunha cea romántica con velas e todo na que tiñamos que descubrir os ingredientes dos pratos que iamos degustar cos ollos vendados.