8 M: DÍA DA MULLER
Entre as diferentes actividades realizadas para conmemorar o Día da Muller, este ano decidimos destacar a figura da atleta de triple salto Ana Peleteiro, resaltando tanto a súa valía profesional (recentemente proclamada 3ª do mundo nos campionatos de pista cuberta de Glasgow cun salto de 14,75 m., bronce nos Xogos Olímpicos de París,…) coma persoal: respectuosa coas súas rivais, valente, decidida e cunha personalidade arrolladora. Decidiu ser nai no mellor momento da súa carreira enfrontándose a moita xente que a criticou por pensar que sería a fin dos seus bos resultados e demostrando tan so un ano despois que se equivocaban.
Atleta reivindicativa, nunha ocasión afirmou nuha entrevista que “Se hoxe estamos aquí é porque unha muller un día dixo: ¿Por qué non podemos ter os mesmos dereitos?” en referencia a Katherine Switzer que foi a primeira muller en correr a mataratón de Boston en 1967, polo que aproveitamos esta ocasión para achegarlle o alumnado tamén a súa historia.
Chegou a hora da práctica e despois de medir na escola os 14.75 m. do salto de Ana e quedar abraiad@s ao saber que é quen de percorrer esa distancia con tan so 3 saltos, probamos a ver cantos saltos necesitariamos dar nós para conseguilo. Isto nos motivou moito e adicamos varias sesións posteriores ao traballo desta habilidade motriz básica nas súas diferentes variantes. Foi moi divertido e pasámolo moi ben.