Con este trimestre despedimos o curso 23-24
E parece que foi onte cando comezábamos o curso e xa estamos a despedilo, iso si, con moitas aventuras e experiencias vividas, sumando cada día momentos dos que aprender e cos que desfrutar.
Con este vídeo, preséntovos un resumo do traballado neste derradeiro trimestre, onde os elementos da igrexa, a nosa familia particular e a familia cristiá e os valores cristiás ocuparon a nosa sesión semanal.
Como podedes ver no vídeo, as actividades interactivas axudáronnos a interiorizar os contidos. Son actividades elaboradas propiamente para o que nos interesaba traballar na clase, coas imaxes que xa coñecemos e que Pombiña e Xesús nos traen á escola.
A conmemoración do día da Familia levounos parte do trimestre xa que nos axudou a valorar o importante que son para nós todos e todas os seus membros, como lle podemos agradecer todo o que fan por nós e, entre todos e todas, escollemos a frase que cadaquén lle quixo poñer á súa man.
Antes de poñernos coa portada dos noso traballos, coñecemos un pouco máis como ser da familia de Xesús por medio do Bautismo e finalmente traballamos de novo varios valores e accións que Xesús e Pombiña nos ensinaron durante o curso. Cada neno e nena elixiu o que quería poñer na sua escaleira e unha vez rematada, xuntamos as fichas nas que plasmamos de forma escrita o o que vimos na clase de Relixión e finalmente, montamos a nosa carpeta.
Pombiña e Xesús xa están argallando novos xogos e aventuras para o vidneiro curso. Para os que nos vemos en setembro, en nada comezamos coas pilas recargadas. Para os/as que comezan unha nova andaina, moita sorte e lembrade que poderedes con todo o que vos propoñades!!
Feliz verán e unha forte aperta!!