blogue deadmin
Rukutrú
Enviado por admin o Sáb, 04/11/2023 - 01:49XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!
Enviado por admin o Ven, 22/02/2019 - 15:40A admisión de matrículas paar o vindeiro curso xa está á volta da esquina e por iso convidámosvos a tod@s os que queirades, a visitar as nosas escolas o luns 11 de marzo en horario de 12 a 13:30. Podedes coñecer calquera delas ou mesmo todas e ver tanto as instalacións como o xeito de traballar nas mesmas. Ven a coñecer un xeito diferente de facer escola, ven a coñecer a escola rural, unha escola para educar en familia!!!
UN NOVO RECOÑECEMENTO PARA TODA A FAMILIA EDUCATIVA DO CRA
Enviado por admin o Sáb, 16/02/2019 - 23:55Na tarde de onte, no Palacio de Fonseca, o noso CRA recibiu un recoñecemento de excelencia e calidade educativa no ámbito da potencialización da relación coas familias. Este premio veu da man de Familias Mundi co seu presidente e catedrático á cabeza Don Agustín Dosil, encargado de facerlle entrega do recoñecemento á directora do centro, dona Mª Elena García que ata Fonseca se acercou con unha representación do profesorado, xunto con Yolanda Neira, anterior directora e que tamén tivo moito que ver na relación existente entre este centro e as familias. Tampouco faltaron representantes da ANPA, entrantes e saintes, e que entre todos fan que sexa moi doado traballar coas familias en xeral e os nenos e nenas en particular. O recoñecemento é para tod@s, familias e mestres, os que están e os que marcharon pero que sempre permanecerán e que fan posible, que co seu bo facer e ser, o CRA Boqueixón- Vedra "Neira VIlas" teña premios de esta altura. Lóxicamente, un agradecemento aos concellos de Vedra e Boqueixón pola entrega e traballo que amosan para coas nosas escolas no día a día. Esto sólo pode convertirse en seguir dando o mellor de nós para que repercuta no mellor que ten o CRA...os nosos nenos e nenas.
Facendo clic na primeira imaxe,na que a directora ensina o diploma, veredes o momento máis importante da tarde e a intervención de Elena.
Aprendendo a plantar e coidas os nosos montes
Enviado por admin o Sáb, 16/02/2019 - 23:12Comeza o tempo de sementar e neste centro xa nos puxemos mans á obra nas hortas das nosas escolas e mesmo nas casas veciñas. Entrementres, este curso estamos inmersos nun proxecto mediambiental sobre o coidado e conservación dos nosos montes. Porén, levamos a cabo unha plantación de 30 castiñeiros que o distrito 3 de ordes, do servicio de preveción de incendios nos fixo chegar e o concello de Boqueixón, que puxo todas as facilidade spara levar a cabo a plantación nese terreno e e memso fixo achegar a motobomba, unha das auténticas atraccións da xornada. Facendo clic na seguinte imaxe poderedes ver un resumo do que fixemos no epicentro do CRA e que é a testemuña da unión das escolas de Boueixón e Vedra, O Pico Sacro.
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018/2019
Enviado por admin o Mér, 23/05/2018 - 11:13
A Consellería de educación vén de publicar a Orde do 9 de maio pola que se regula a participacipación no fondo solidario de libros de texto, e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/19 (DOG do 21 de maio)
Prazo de presentación: do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018.
Alumnado destinatario: alumnado matriculado no curso 2018/19 en 1º e 2º primaria
Clicade nos documentos adxuntos para acceder aos anexos e para ampliar a información.
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNOS/AS ADMITIDOS PARA O CURSO 18/19
Enviado por admin o Lun, 14/05/2018 - 16:41LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNOS/AS ADMITIDOS PARA O CURSO 18/19
Enviado por admin o Lun, 02/04/2018 - 23:14
ADMISIÓN 2018-2019
Enviado por admin o Lun, 26/02/2018 - 22:59PROCESO DE ADMISIÓN 2018-2019
DESCARGA A OFERTA DE VACANTES POR ESCOLAS
Á HORA DE PRESENTAR A SOLICITUDE HAI DÚAS OPCIÓNS:
Pódese cubrir a solicitude de xeito telemático ou ben descargar o Modelo ED550B(arquivo pdf editable) e cubrilo e logo imprimilo ou ben imprimilo e cubrilo a man.
A) OPCIÓN TELEMÁTICA
CUBRIR A SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN
B) OPCIÓN DE DESCARGA DE DOCUMENTO
DESCARGA E IMPRIME A SOLICITUDE (EDITA O PDF E IMPRIME OU IMPRIME E CUBRE A MAN (Non é preciso cubrir as follas 3 e 5 da solicitude polo momento- sería necesario facelo máis adiante no caso de ter que baremar-)
* A SOLICITUDE IMPRESA ESTARÁ TAMÉN DISPOÑIBLE NAS ESCOLAS E NA SEDE DO CRA.
HORARIO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
ESCOLAS DO CRA ( Camporrapado, Lestedo,Sarandón, San Fins, San Xián, Sergude)
Tódolos días de 9 a 14
SEDE DO CRA BOQUEIXÓN- VEDRA (Vilar s/n- Lestedo)
- MARTES 16:00-18:00
- MERCORÉS: 9:00-14:00
Teléfono de Contacto: 616440471