SECCIÓNS TEMÁTICAS BIBLIOTECA
Durante todo o curso 2023-24 o equipo de biblioteca pon a disposición do profesorado e do alumnado diversas seccións temáticas que abarcan as conmemoracións e/ou datas de interese de cada mes do curso. Así, estas seccións conteñen material que abarca temáticas como: samaín, outono, 25N, nadal, inverno, día da paz, día da ilustración, entroido, día de Rosalía, mulleres na ciencia, día da poesía, día do teatro, día do libro, letras galegas, día do medioambiente...
7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Durante estes días nas diferentes escolas estamos a conmemorar o Día mundial da Saúde realizando unha serie de actividades que culminarán coa celebración dunha gran carreira pola saúde. Elaboramos entre tod@s listados de hábitos de vida saudables que deberemos incorporar ás nosas vidas: xogar ao aire libre, realizar exercicio, levar unha dieta equilibrada, reducir o tempo de pantallas ao mínimo,... Cos nosos favoritos fixemos a liña de meta e os dorsais necesarios para participar na carreira. Chegou o día tan agardado e non nos esquecimos de realizar un bo quecemento previo e de hibratarnos e estirar ao rematar a carreira puidendo repoñer forzas cunha rica merenda saudable. Podían correr ao ritmo que quixeran pero era importante agardar a falta de 5 metros da meta por tod@s @s compañeir@s para cruzala xunt@s formando un gran equipo.
Ademais, o alumnado de primaria converteuse por unha semana en axentes de saúde debendo velar polo cumprimento destes hábitos nos seus fogares, premiando ou multando a quen correspondese. Cónstanos que nalgún caso foron implacables.
MOCHILAS CÓMIC
Durante o curso 2023-24 o lema das bibliotecas escolares de Galicia é "unha biblioteca en viñetas" para poñer en valor as posiblidades que a banda deseñada ofrece tanto para o goce lector como para a aprendizaxe curricular nas aulas. Por todo isto, dende a biblioteca do noso cra, seleccionamos unha serie de cómics de diversas temáticas que distribuimos en seis mochilas rotatorias, intercambiándoas entre as escolas unha vez ao mes. Con este material poñemos a disposición do profesorado e do alumnado variadade de temáticas, estilos e novidades de banda deseñada para o traballo nas aulas.
O NOSO CRA NAS IX XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA RURAL
A facultade de Ciencias da Educación convidounos a participar nas IX Xornadas de Innovación Educativa no Rural co fin de afondar no coñecemento e difusión de boas prácticas desenvolvidas en contextos rurais, promovendo a reflexión acerca das dinámicas socioambientais, culturais, educativas e económicas que lles atinxen.
O mestre Antonio e a mestra Elena achegáronse ata a facultade para facerlles chegar a nosa metodoloxía de traballo no día a día e os proxectos que levamos a cabo no centro e que nos converten nunha experiencia de calidade educativa e social chea de paixón e vocación polo traballo realizado desde o CRA para toda a Comunidade Educativa do noso centro .
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA DE NEAE 2023/24
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA DE BECAS NEAE 2023/24
Acaba de publicarse hoxe a resolución definitiva da convocatoria de NEAE 2023/24 para que os alumnos/as poidan presentar recurso de reposición.
Adxúntase o modelo de impreso do recurso de reposición por se o precisa alguén.
O devandito recurso debe presentarse segundo se indica a continuación.
Imprima os documentos que lle remitimos, léaos con atención , cúbraos e xunto con toda a documentación que considere necesaria ou que lle requiren presénteos a través de:
Xeito presencial:
REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN
CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)
Xeito telemático:
No seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/portada (ten que estar autorizado: CHAVE 365)
ANIVERSARIO NEIRA VILAS
Durante o mes de novembro conmemoramos a data de nacemento e pesamento de Xosé Neira Vilas, autor que dá nome ao noso Cra. A proposta deste ano baseouse na ilustración e recitado de diferentes poemas do autor e da súa muller, Anisia Miranda. Cada un dos cadros tiña un código Qr, que unha vez escaneado, podíase escoitar o recitado do poema. Con eles fixemos unha exposición na Fundación Xosé Neira Vilas e debido ao seu éxito, posteriormente repetímola no local sociocultural de Lestedo, na asociación cultural San Campio e na Cidade da Cultura, durante a entrega do premio Arume de poesía da Fundación Xosé Neira Vilas. Xa no mes de abril, o Cra presenta esta experiencia nas Xornadas de educación rural que se levarán a cabo na Facultade de Ciencias da educación.
Nos seguintes enlaces podedes ver o traballo previo nas escolas para a realización dos cadros:
https://www.instagram.com/p/Cz9xMaENc3L/
https://www.instagram.com/p/Cz9xMaENc3L/
https://www.instagram.com/p/Cz9xMaENc3L/
TECNOLOXÍA CON SENTIDIÑO
Desde o Centro Autonómico de Formación e Innovación están a desenvolver a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica e vai ser aberta ao público en xeral vinculado á nosa comunidade educativa. A actividade pódese seguir de xeito presencial no Salón de Actos Neira Vilas da Biblioteca de Galicia ou ben por streaming na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de 18,00 a 19,30 h.
Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas que teñen como eixo común da tecnoloxía: uso desta nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, baseada en investigacións.
O programa será o seguinte:
- 4 de abril de de 18:00 a 19:30 h, Héctor Ruíz Martin, investigador e director da International Science Teaching Foundation, impartirá o relatorio Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?.
- 22 de abril de 18:00 a 19:30 h, Laura Espido Freire será a encargada da intervención Palabras e pensamento: a ciencia e o seu fio narrativo.
- 2 de maio de 18:00 a 19:30 h, José César Perales, catedrático de Psicoloxía experimental da Universidade de Granada, afondará nos Mitos e evidencias sobre o uso intensivo de dispositivos e aplicación na rede.
- 16 de maio de 18:00 a 19:30 h, Juanjo Montiel Pérez, enxeñeiro sénior de software de Microsoft, achegaranos unha ollada desde a discapacidade e a plena integración da tecnoloxía na conferencia Tecnoloxía e accesibilidade.
- 28 de maio de 18:00 a 19:30 h, Javier Saéz de los Terreros, responsable da comunicación dixital do Museo del Prado en Madrid, descubriranos como achegar a tecnoloxía a un público que non visita os museos co relatorio Estratexias de comunicación dixital. As redes sociais do Museo do Prado.
- 4 de xuño de 18:00 a 19:30 h, Francisco Bellas Bouza, investigador e especialista en Intelixencia artificial do CITIC da Universidade da Coruña e do Centro de Innovación Educativa e Dixital, abordará o impacto das novas tecnoloxías na sociedade con Educación na era da Intelixencia Artificial: vaiamos a modo.
- nunha data aínda por fixar en xuño, Luis Sánchez Santos, profesional sanitario do Sergas achegará unha visión desde a pediatría e as Ciencias da saúde co relatorio Cruzando saúde infanto-xuvenil e tecnoloxía.
Admitidos para o curso 2024-2025
Dado que o número de solicitudes non superou en ningunha escola a oferta inicial, informámosvos que TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA ESTÁ ADMITIDO. A matrícula poderedes facela efectiva do 20 ao 30 de xuño. Para isto, xa vos pasaremos a información no seu momento. Graciñas a todas as familias que confiades na escola rural en xeral e no noso centro en particular!!
8 M: DÍA DA MULLER
Entre as diferentes actividades realizadas para conmemorar o Día da Muller, este ano decidimos destacar a figura da atleta de triple salto Ana Peleteiro, resaltando tanto a súa valía profesional (recentemente proclamada 3ª do mundo nos campionatos de pista cuberta de Glasgow cun salto de 14,75 m., bronce nos Xogos Olímpicos de París,…) coma persoal: respectuosa coas súas rivais, valente, decidida e cunha personalidade arrolladora. Decidiu ser nai no mellor momento da súa carreira enfrontándose a moita xente que a criticou por pensar que sería a fin dos seus bos resultados e demostrando tan so un ano despois que se equivocaban.
Atleta reivindicativa, nunha ocasión afirmou nuha entrevista que “Se hoxe estamos aquí é porque unha muller un día dixo: ¿Por qué non podemos ter os mesmos dereitos?” en referencia a Katherine Switzer que foi a primeira muller en correr a mataratón de Boston en 1967, polo que aproveitamos esta ocasión para achegarlle o alumnado tamén a súa historia.
Chegou a hora da práctica e despois de medir na escola os 14.75 m. do salto de Ana e quedar abraiad@s ao saber que é quen de percorrer esa distancia con tan so 3 saltos, probamos a ver cantos saltos necesitariamos dar nós para conseguilo. Isto nos motivou moito e adicamos varias sesións posteriores ao traballo desta habilidade motriz básica nas súas diferentes variantes. Foi moi divertido e pasámolo moi ben.
SEMANA DA PRENSA
Do 4 ao 8 de marzo conmemoramos a semana da prensa. Nesta semana levamos a cabo distintas actividades relacionadas coa prensa.
Deste xeito, vimos periódicos dixitais e tamén os manipulamos para coñecer as diferentes seccións e consultamos distintas temáticas como as especies invasoras en Galicia e noutras comunidades autónomas.
Tamén aproveitamos que nesta semana tamén conmemoramos o 8M, para buscar novas onde as mulleres destaca nalgún ámbito.
Por outra parte, traballamos outras seccións de acontecementos nas escolas ou na contorna.
Nalgunhas escolas, mesmo preparamos un recuncho con distintos medios de comunicación antigos como radios, teléfonos, máquinas de escribir... e todo iso foi posible, grazas á colaboración das familias, sempe dispostas a axudar no que faga falta.
Agardamos que vos guste este pequeno vídeo resumo que preparamos!!
CONSEGUIMOS AS PRIMARIAS
Non podemos estar máis felices nin máis orgullosos e orgullosas da comunidade educativa deste CRA. Familias, profesorado, e concello implicáronse ao máximo para que as escolas de Boqueixón volveran a contar co 1º ciclo de primaria, e que mellor xeito de comezar o mes de marzo, que con esta gran nova. Deste xeito, a partir de setembro, contaremos coa mesma oferta educativa nas seis escolas do CRA, o que demandábamos dende fai anos e que creaba desigualdade entre as escolas. Grazas á ANPA, ao porfesorado que, dou e, como sempre, vai seguir dando o mellor, ao concello e particularmente ao alcalde, Don Ovidio Rodeiro Tato, que sempre confiou no traballo da escola rural, na súa calidade educativa e persoal.
Agora só queda que as familias sigades confiando e apostando pola escola rural en xeral, e no CRA Boqueixón Vedra "Neira Vilas" en particular, e como di o noso lema, "Educando en familia", continuar colaborando na formación do voso ben máis prezado, os vosos fillos e fillas.
Grazas, grazas e mil grazas por tanto!!!
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 24-25
Iniciamos o proceso de solicitude de praza. PRESENTARASE UNHA ÚNICA SOLICITUDE (ED550B) ANEXO II +ANEXOII bis ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PROXENITORES/AS // TITORES/AS LEGAIS no centro que se solicita en primeiro lugar do 1 AO 20 DE MARZO. (formulario normalizado ED550B ORDE do 21 de outubro de 2022)
CÓDIGO CRA BOQUEIXÓN-VEDRA: 15032571
As solicitudes de admisión cubriranse (Do 1 ao 20 de marzo) mediante o formulario normalizado (ED550B) a través da aplicación de xestión do proceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado e presentaranse:
A)
NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA: CUBRINDO A SOLICITUDE NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado (precísase entrar na aplicación con CHAVE 365 ou certificado dixital) E PRESENTANDO E ASINANDO A SOLICITUDE NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA.
B)
NAS ESCOLAS DO CRA : IMPRESAS E ASINADAS CUBERTAS A MAN OU CUBERTAS PREVIAMENTE NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, IMPRESAS E ASINADAS.
O formulario (ED550B) tamén será facilitado en papel gratuitamente e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación, así como na WEB https://www.edu.xunta.gal/centros/craboqueixonvedra/
As listaxes de admitidos e excluídos provisionais publicaranse antes do 25 de abril e as listaxes definitivas antes do 15 de maio de 2024.
A formalización de matrícula será na Secretaría da Sede do CRA do 20 ao 30 de xuño CON CITA PREVIA chamando ao teléfono 616440471 .
RESUMO DA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Instancia de Admisión cuberta en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ (Pode presentarse directamente na Sede Electrónica ou nas escolas).
Libro de familia.
DNI do neno/a se o ten.
Copia do DNI dos proxenitores.
Nos arquivos adxuntos tedes toda a información detallada coa normativa reguladora e as solicitudes en galego e castelán.
Vacantes para o vindeiro curso 24-25
Estimadas familias!! No seguinte arquivo podedes ver o número de prazas solicitadas neste centro para o vindeiro curso 2024-2025. Do 1 ao 20 de marzo será o período para solicitar praza
De visita pola residencia de Codeso
O alumnado de Camporrapado visitou a residencia de Codeso, logo de 7 anos da primeira visita.
Como averiguaron que tiñan horta, compartiron a súa sementeira con el@ e a colleita de leituga. E xa sabemos que a ensalada estaba deliciosa.
Aproveitamos un dos nosos burros entroideiros para levarlles a sorpresa. Identificamos as sementes con carteis. Tamén lles levamos o desfile de carrozas de San Cidre. Case non hai ningún residente da nosa zona, polo que aproveitamos o material do entroido para presentarlles a nosa festas.
Fixemos o desfile cantando unha versión carroceira do tradicional "zúmballe ao caneco". Despois cada nen@ presentou a súa carroza. E de recordo démoslle unha das minifotos da carroza das 50 edicións da festa de @oscheasoficial.
A continuación gozamos un dos nosos contos favoritos "as filloas de Manola", contado pola profe Andrea. Fixemos filloas e compartímolas cos maiores. O que lles gustou repartir as filloas e o que lle souberon a grandes e pequenos.
Despois de unha boa merendola, á que fomos convidad@s, fixemos unha sesión de psicomotricidade na que traballamos con aros e pelotas. Actividade de gran importancia para a rutina diaria dos residentes para manterse activ@s e saudables.
Unha vez rematada a merenda, visitamos as instalacións: vimos as habitacións onde descubrimos pequenas cousas sobre os e as residentes: hai quen ten unha boneca, porque lle gustan os bebés, quen fai mantas de cores marabillosas, quen adora pintar...
Tamén vimos o cuarto de lavadoras, que as máis peques fascinoulles e a sala de rehabilitación, onde estivemos probando todos os aparatos que puideron.
Marcharon cargados de enerxía e de agasallos, debuxos e un detalle moi chulo para cada nen@.
Mil grazas por recibirnos con tanto agarimo. Esperemos poder repetilo.
E grazas ás familias polo carrexamento, se vós sería inviable.
Ao día seguinte falamos sobre esta experiencia. Estaban moi emocionad@s e fixeron uns debuxos do que máis lles gustou que lles mandaremos para a residencia.
ENTROIDO 2024
Un ano máis desfrutamos do noso entroido dun xeito máis que especial.
Primeiro traballamos moito, moito nas escolas facendo os nosos disfraces coa axuda das familias nuns marabillosos talleres. Este ano a nosa temática foron as festas das nosas parroquias polo que Camporrapao disfrazouse das Carrozas de San Cidrer, Sergude dos Xenerais da Ulla, Lestedo da Festa da Filloa, San Xián dos Xenerais da Ulla, San Fins da Festa da Orella e Sarandón de festa do San Migueliño.
Tivemos a nosa semana cos mandados do burro e cómo non a nosa convivencia de todas as escolas do CRA para a celebración da nosa festa.
Nun principio queriamos desfilar polas rúas de Lestedo pero por mor do mal tempo tivemos que facer o noso desfile no pavillón de Lestedo, eso sí, acompañados pola nosa Anpa e por moooooitas familias que viñeron a celebrar con nós esta grande festa.
Cantamos as nosas coplas adaptadas ao ritmo de Zúmballe o Caneco que ideamos na clase de Música ca profe Elena e desfilamos ao ritmo do Chuletón do grupo A Requinta da Laxeira, grandes amigos e coñecidos do CRA. Como estamos a participar no Plan Proxecta Móvete+ decidimos que esta canción sería o himno do noso entroido e estivemos a practicar unha sinxela coreografía que acompañase á nosa canción no desfile. Cos nervos e os disfraces non fixemos os movementos pero sí marcamos o paso como na marcha que traballamos na clase de Música.
Todas as escolas estiveron a participar traballando esta coreografía coa marcha como paso base.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos e o moito que traballamos.
Xornada de portas abertas
VIVE A ESCOLA RURAL!!
Un Planeta de PAZ
Un ano máis non deixamos pasar a oportunidade de conmemorar o día da PAZ e a non violencia nas nosas escolas. Nesta ocasión, dende o equipo de Convivencia e Benestar propuxéronos traballar un material de un artista, Unai Quirós, que puxo á nosa disposición unha canción que leva por título "Un Planeta de Paz", tamén incorporaba un conto, con ilustracións de Fano, no que puidemos ver bandeiras de diferentes países e cos que apredemos distintos xeitos de acadar a PAZ. Finalmemte, a semana do 30 de Xaneiro, día oficial desta conmemoración, elaboramos galletas para festexar esta xornada e o día da Pomba da Paz, coa que cantamos a canción e compartimos as galletas. Esta iniciativa levouse a cabo en todas as escolas, aproveitando a clase de Relixión, Atención Educativa e Música. Asemade, na clase de inglés e nas titorías tamén levaron a cabo diferentes actividades para realzar a importancia desta data, dende lectura de contos e selección de libros ata murais conmemorativos.
Admisión alumnado nado no 2021
Rematado o prazo para reservar praza nos centros adscritos, xa botamos a andar para acoller ao ao alumnado, que comezará a súa escolaridade do segundo período de infantil o vindeiro curso 24-25. Presentámosvos o vídeo promocional. Poderedes ver un resumo do noso día a día nas nosas escolas, repartindo o seu bo facer entre todas Na descripción do mesmo, tedes acceso a cada escola en particular e ao CRA en xeral. Agardamos que vos guste!!
En nada colgaremos a información pertinente de cara a solciitude de praza.
Sesión formativa gratuita dirixida a personal e dirección das ANPAs, personal docente dos centros educativos e pais/nais/titores legais.
Sesión formativa gratuita dirixida a personal e dirección deas ANPAs, personal docente dos centros educativos e pais/nais/titores legais.
En el contexto del Grupo de Trabajo de Ciudadanía del Nodo gallego de ciberseguridad CIBER.gal, gracias a la colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, y Amtega, entidad fundadora de CIBER.gal se organiza una sesión formativa gratuita dirigida a personal y dirección de las ANPAs, personal docente de los centros educativos y padres/madres/tutores legales.
Esta actividad tiene como finalidad concienciar a las ANPAs y al personal docente del ámbito educativo, de la gran cantidad de datos personales que manejan, donde un mal uso de los mismos o un descuido puede provocar brechas de seguridad que pongan en riesgo datos de colectivos protegidos como son los menores de edad. A su vez, ofrecer recursos y buenas prácticas para fomentar la privacidad y la seguridad en la relación de las ANPAs con los centros educativos y los padres, madres y tutores legales.
El formato de la actividad será online, el próximo 23 de enero a las 17:30, con una duración de 70 minutos. Las inscripciones están abiertas a través del siguiente enlace.
El desarrollo de la sesión seguirá la siguiente estructura:
- Protección de datos en el ámbito educativo
- Relación de las ANPAS con los centros educativos
- Relación de las ANPAS con los padres o tutores legales y alumnos
- Datos personales identificativos, económicos, de carácter social, profesional e imágenes
- Consentimiento expreso, aspecto clave.
- Derechos en materia de protección de datos.
- La figura del Delegado de Protección de Datos.
- Brechas de seguridad
- Casos prácticos:
- Tratamiento y publicación de imágenes
- Promoción y participación en actividades
- Uso de mensajería instantánea (WhatsApp)
- Redes sociales
- Recursos AEPD - Ámbito educativo
Esperamos que resulte de su interés.
Reserva de plaza para o alumnado que continúa estudos no CPI Antonio Orza Couto e no CPI de Vedra
INICIO DO PRAZO DE RESERVA DE PLAZA PARA O ALUMNADO QUE CONTINÚA ESTUDOS NO CPI Antonio Orza Couto e no CPI de Vedra.
Tal e como se recolle na Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C), a Consellería de Educación vén de abrir o procedemento de Reserva de praza en centros adscritos. (ED550A)
O alumnado que remata os seus estudos no CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas" e desexa continuar nos centros adscritos CPI Antonio Orza Couto (escolas de Camporrapado e Sergude) ou CPI de Vedra (escolas de Lestedo, San Xian, San Fins e Sarandón), deberá solicitar a reserva de praza dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ED 550A).
A solicitude pódese presentar:
- Por vía electrónica, mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática de admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Ou presencialmente no CRA entregando cuberto o Anexo ED 550A nas diferentes escolas, onde tamén teredes á vosa disposición os impresos de solicitude.
Para calquera dúbida que poidan ter diríxanse á dirección do centro no teléfono 616440471
Festa de Nadal
Que mellor maneira de despedir o trimestre con unha festa na que todos os nenos e nenas, coas familias, puideran participar na mesma.
Para iso, viaxamos ata a Casa da Cultura de Camporrapado onde nos agardaban os e as compis desta escola xunto a moitas profes e as Maimiñas, grupo que gozamos grazas á nosa querida ANPA. Coas Maimiñas puidemos cantar, bailar e sobre todo rir con un espectáculo que intentou meter a todos e todas no mesmo.
Ao rematar a actuación baixamos para degustar chocolate con panettone, biscoito, turrón e galletas e mesmo tivemos uns obradoiros por parte do profesorado. Así, a quen lle apeteceu, puido levar para casa un reno, un boneco de neve ou unha árbore de Nadal.
A continuación, xogamos e logo de despedirnos, alá subimos ao bus para voltar ás nosas escolas e comezar as vacacións de Nadal.
Ainda que xa vos fixemos chegar os nosos mellores desexos coa nosa felicitación oficial, non queremos perder a opotunidade de desexarvos o mellor e dar as grazas aos concellos e a todas as familias do CRA por confiar en nós o voso tesouro máis prezado: os vosos fillos e fillas. Graciñas mil e boas festas!!
O CRA Boqueixón Vedra "Neira Vilas" na Cidade da cultura
Unha vez máis sentimos fachenda do noso CRA en xeral e do noso profesorado e alumnado, en particular.
O pasado venres alá fomos ata a Cidade da Cultura para expoñer os nosos lenzos, das poesías de Neira Vilas e a súa dona, Anisia Miranda. Nesta ocasión con motivo da entrega do premio "Arume", de poesía para a infancia, da Fundación Neira Vilas.
Colocamos os lenzos e os asistentes escoitaron con atención a explicación do proceso, por parte do noso mestre Antonio, que moi emocionado convidou a todos e todas a escoitar as poesías grazas aos código QR que levaba cada lenzo integrado.
Obradoiro da ONCE con Cris e Carmen
O 3 de Decembro celébrase o día internacional das persoas con discapacidad, Con motivo desta conmemoración e grazas a Cristina e Carmen, da Fundación ONCE, coñecemos de primeira man, como facer para que unha persoa con déficit visual viva o seu día a día do xeito máis normalizado posible.
Carmen ensinounos como manexar o bastón. Cristina indicounos a mellor forma para guiar a estas persoas e a importancia que ten ter todo recollido ou os perigos que se poden atopar na rúa.
Trouxéronnos diferentes elementos que facilitan o día a día, como unha máquina que recoñece as cores, con tan só acercala á cor. Puidemos ulir rotuladores que nos recordan a algo que sexa de esa cor, como o vermello, que ulía a fresa ou o amarelo, que ulía a limón e así, descubren a cor que ten cada rotulador.
Por outra banda, coñecemos a Braille e o alfabeto que el mesmo inventou e grazas ao que a xente con déficit visual pode ler. Para iso, achegáronnos libros, bonecos cos que aprender este alfabeto, un aparello co que poder escribir e mesmo nos agasallaron co nome de cada neno e nena escrito en braille.
Ademais de desfrutar cos contos, xogamos con un lego en braille e con unha pelota con cascabel que lles axuda a tela localizada, grazas ao son que fai.
Antes de marchar, agasalláronnos con un balón hinchable da ONCE e un bolígrafo.
Como recordo do CRA, levaron todo o noso cariño e agradecemento. A nosa coordinadora de convivencia e benestar, fíxolles entrega dunha bolsa co logo do CRA, elaborada de xeito artesanal por unha artista como é "Lupe, artes decorativas", veciña de Vedra e na que se podía ler o nome de cada unha. Ademáis engadimos unha tarxeta de agradecemento que Carmen leu ante a ilusión de todos e todas.
Non nos cansaremos de agradecer a estas amigas a atención, paciencia e cariño co que chegaron a todas as escolas. Grazas mil!!
Visita de AMABUL
O pasado 29 e 30 de novembro contamos coa visita nas nosas escolas de Miriam, unha das voluntarias da asociación medioambiental AMABUL.
Dita asociación pretende difundir e concienciar acerca da importancia de mellorar e recuperar os espazos naturais da nosa contorna.
Así, Miriam falounos das especies exóticas invasoras que invaden os nosos montes, ríos e demais espazos naturais e que ocasionan graves danos na fauna e flora autóctona.
Entre ditas especies invasoras coñecemos o plumacho ou herba da pampa, o eucalipto e a Tradescantia fluminensis (herba da fortuna).
Acerca desta última, aprendemos que medra nas ribeiras do río Ulla espallándose moi rapidamente e ocasionando a perda da diversidade vexetal autóctona debido a que crea un gran manto que impide a chegada de luz solar ao resto das especies.
Por outro lado, tamén identificamos especies autóctonas como o carballo, o castiñeiro, o acivro e o loureiro. Estas son as que debemos coidar e protexer! Destacando a importancia do acivro o cal xa queda moi pouco...
Moitas grazas AMABUL! Agora os nenos e nenas do CRA Boqueixón Vedra Neira Vilas xa estamos preparados para eliminar as especies exóticas invasoras e apostar pola rexeneración das especies autóctonas.
EXPERIMENTAMOS COS NOSOS SENTIDOS
Percibimos o mundo que nos rodea a través dos sentidos polo que o seu desenvolvemento é fundamental para a formación do seu coñecemento. Ao longo do mes de novembro estivemos a traballar nas diferentes escolas a estimulación sensorial con diferentes propostas que facilitaron o desenvolvemento de cada un deles (vista, oído, tacto, olfato e gusto). Xogamos con distintas imaxes, instrumentos, pelotas con axóuxeres, antifaces, botes con olores que tiñamos que emparellar, seguimos o rastro deixado por diferentes olores, detectamos texturas e formas,… pero o que máis nos gustou foi a celebración dunha cea romántica con velas e todo na que tiñamos que descubrir os ingredientes dos pratos que iamos degustar cos ollos vendados.
HOMENAXEANDO A NEIRA VILAS
Un ano máis, en Novembro, quixemos homenaxear ao noso querido Neira Vilas, un amigo que nos visitou nas nosas escolas e a quen visitamos nós tamén.
Este mes sempre é especial, xa que foi cando naceu e tamén no mes que nos despedimos de el. Por iso, sempre facemos algo moi especial para telo presente.
Nesta ocasión decidimos traballar varias das súas poesías e tamén as da súa dona, Anisia Miranda. A continuación, pareceunos ben ilustralas e plasmar a nosa imaxinación en lenzos, para logo facer unha exposición con todos eles e que os puidérades gozar.
Cada escola escolleu a técnica a empregar e como as nosas familias sempre colaboran en canta cousa nos propoñemos, ata houbo mamás artistas que nos axudaron nesta iniciativa.
Como a nosa cabeza non para, quixemos que cos nosos traballos, puidéramos axudar a alguén e deste xeito, puxémonos en contacto cos servizos sociais dos nosos Concellos. Falando coas traballadoras sociais, estiveron de acordo en que lle entregásemos productos non perecedeiros, para poder axudar a algunha familia dos nosos concellos.
Deste xeito durante 2 fins de semana a exposición puido visitarse, primeiro en Gres e logo Lestedo. Cadaquén trouxo o que considerou e o recaudado levámosllo a Boqueixón e Vedra para que llo fixeran chegar a quen consideraran.
Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver o proceso desta iniciativa. Pola nosa parte, non podemos estar máis orgullosas, orgullosos e agradecidos/as polo resultado final.
Unha vez máis, grazas familias pola vosa colaboración!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »