Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

biblioteca

ACTIVIDADES COAS FAMILIAS - ENAPAS

Aquí deixamos as actividades que realizamos dende a bibliote-CRA coas familias, incluidas na Escola de Nais e Pais (ENAPAS) deste curso 2023-2024. 

 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTE-CRA

O pasado 24 de abril de 2024, coincidindo coa Semana do Libro, inauguramos a apertura ao público da nosa bibliote-CRA. Fainos moita ilusión compartir este proxecto con toda a Comunidade Educativa. Video resumo da inauguración:

 

SEMANA DO LIBRO

Algunhas das actividades que fixemos cos nosos libros favoritos e coa preparación da inauguración da nosa bibliote-CRA, na que colaboramos toda a Comunidade Educativa. Deixamos video resumo desa semana:

 

ENTROIDO TARANDEIRO

Este curso polo entroido enchemos o Concello de A Baña de animais do mundo, seguindo o traballado nas escolas co proxecto anual "Tarandeira polo mundo".

Tamén seguimos a tradición dos mandatos do Meco, relacionados con aspectos e costumes de todos os continentes.

A VOZ DA TARANDEIRA

No mes de marzo aproveitamos a conmemoración da semana da prensa para traballar con periódicos na aula e, finalmente, crear o noso propio periódico do CRA: "A voz da Tarandeira". Aquí vos deixamos un video coas actividades que realizamos:

Accede ao arquivo adxunto para ler o noso periódico deste curso e enterarte das novas sobre os continentes que se están a investigar en cada escoliña do CRA. Preme na imaxe:

PORTADA

 

RATIFANTE LEVA O NADAL ÁS ESCOLAS

Hoxe, día 1 de decembro, Ratifante chegou ás escolas do CRA A Tarandeira para quedarse. Despois de moitos meses viaxando polo mundo, está de volta para ensinarnos todo o que descubriu na súa viaxe. Hoxe o atopamos na escola con esta carta:

 Carta de Ratifante

E trouxo tamén unha morea de retos para facer nos días de decembro e así poder prepararnos para vivir a época máis luminosa e máxica do ano, O NADAL!

Ratifante nas escolas

Tamén pasou pola biblioteca do centro para deixar unha selección de contos de Nadal:

Conto de Nadal

25N - CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E A IGUALDADE

O vindeiro 25 de novembro adícase ao 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Por este motivo, estes días a nosa biblioteCRA tinguiuse de morado, a cor da igualdade, para incidir en valores tan importantes como a igualdade de xénero e o rexeitamento á violencia de xénero.

Aquí vos deixamos algúns dos contos seleccionados para traballar esta temática:

 

CONTOS POLA IGUALDADE

Distribuir contido


by Dr. Radut