Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Educación física

EDUCACIÓN FÍSICA

A Educación Física fai referencia a adopción dun estilo de vida activo e saudable, o coñecemento do corpo asi como un bo desarrollo motor que nos permita dar resposta as múltiples situacions motrices que se dan na nosa vida diaria. E por iso que nas nosas clases levamos a cabo actividades que preparen aos nosos alumn@s e os conciencien da importancia da actividade fisica para unha boa calidade de vida.

  

Semana do 7 ao 11 de Febreiro

Bos días a todos e todas!

Esta semana seguiremos co traballo de "equilibrio". Para ver as actividades propostas deberedes picar nas seguintes ligazóns:

 1º Actívate: Coreografía “Baile Africano”: https://youtu.be/l5nisLIPnI8

2º Xogo: “O gato acrobático”: https://youtu.be/SQ75xFJwy44

3º Equilibrio con pelota e raqueta: https://youtu.be/XoK2fQmLN98

4º Equilibrio dinámico sobre unha liña: https://youtu.be/UUm_ZbxFO-8

5º Relaxación co “ciclo da auga”: https://youtu.be/qchVTDleW0s

Semana do 24 ao 28 de Xaneiro

Boas tardes! As actividades propostas para esta semana irán encamiñadas ao traballo de contidos relacionados co equilibrio.

Adxúntovos tres vídeos, dous que poderedes utilizar para facer un quencemento por medio do xogo “Estatuas musicais” (os nenos e nenas deberán desprazarse ou bailar mentres soe a música, e unha vez esta deixe de soar, deberán quedar como estatuas tal e como se atopen nese intre), e outro no que poderedes facer unha serie de movementos cos cales poderedes mellorar o voso equilibrio (hai algún complicado para os máis pequenos xa que se trata dunha proposta global para todo o alumnado. De todos modos, non deixedes de intentalo!)

Un saúdo!!

Semana do 17 ao 21 de Xaneiro

Moi boas a todos e todas! 

Para aquel alumnado que se atope en corentena, dende a área de Educación Física proporemos cada semana unha serie de actividades.

Nesta semana plantéxasevos un reto moi diverdido... un baile co que poderedes pasar un bo rato! 

 

 

ACTÍVATE "My Own Drum"

Este curso, continuamos movéndonos día a día, por iso na asamblea facemos unha pequena coreografía na que se inclúen movementos contralaterais coa finalidade de activar os dous hemisferios cerebrais e prepararnos para unha aprendizaxe máis cognitiva.

Un exemplo desta actividade poden vela no documento adxunto.

 

FELICES FESTAS E MOVÉDEVOS MOITO!

SAMAÍN 2021

O SAMAÍN

Este curso, polo Samaín, creamos un baile entre as sete escolas. Yoli, a mestra de Plástica, aproveitou unhas bolsas antigas de plástico de cores que había gardadas no colexio para crear a vestimenta co noso alumnado.

A ver se vos gusta o resultado!

Coidado que da moito medo!!!

(Pica en "adxuntos")

FIN DE CURSO - ACTÍVATE CON JERUSALEMA

A última coreografía que realizamos este curso é a nosa versión da canción "Jerusalema" de Marter KG. Podedes ver o ben que o pasamos picado no enlace adxunto.

 

BO VERÁN!!!

LETRAS GALEGAS - ACTÍVATE CO PINGACHO

Continuamos traballando no "Actívate" pero nesta ocasión pensando nas Letras Galegas. A danza escollida é un xogo bailado moi divertido de orixe galego-portugués-mirandés. Podédela atopar no libro "Na punta do pé" de PESDELÁN. A nosa versión está no documento adxunto.

ACTÍVATE E EMOCIÓNATE

Este curso participamos en varios proxectos a nivel de Centro. Un deles é o "Actívate". Polas mañás, entre outras actividades movémonos un pouco. No enlace podedes ver o último vídeo que creamos.

"ACTÍVATE" NO ENTROIDO

En relación ao traballo que estamos a realizar diariamente para manternos en forma, creamos un baile para o entroido.

Poden ver o vídeo no enlace adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut