Dende a escola do Busto iniciamos este curso o proxecto A Cesta Viaxeira co obxectivo de traballar a alimentación sana, a educación sensorial e emocional posto que o mero feito de deixar que os nosos sentidos exploren os alimentos leva consigo desenvolver a escoita, a calma, a percepción e a paciencia.
O que se pretende con este proxecto é traballar as oito competencias básicas recollidas no currículo de Educación Infantil: competencia en comunicación lingüística, competencia matemática, competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá, competencia cultural e artística, competencia para aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal.
O proxecto levarase a cabo ao longo do curso. Cada semana, a indicación do mestre, cada neno/a traerá un alimento, (normalmente será una froita) que será analizada sensorialmente véndoa, tocándoa, ulíndoa, oíndoa e finalmente coméndoa. Abrimos os alimentos, os partimos pola metade, ou os pelamos según o caso facendo unha análise rápida de tódolos sentidos agora que están abertos: cores, formas, olores, tacto, humidade…
A primeira Cesta Viaxeira veu cargada de mazás. Ademais do traballo sensorial, explicamos porque se oxidan ao pelalas, e por suposto tamén as comemos. Iniciamos a elaboración dun mural.