"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
Partindo dos libros ¨É tempo de Entroido¨ e ¨Non pare a festa¨ de Ramón D. Veiga e David Sierra da editorial Xerais, elaboramos un ficheiro de tarxetas cos personaxes e as figuras máis representativas do Entroido tradicional galego, para que o noso alumnado tivera a oportunidade de coñecer e, dalgún modo, gozar das diversas e numerosas celebracións que se dan na nosa terra.
Tamén fixemos en todas as aulas obradoiros de máscaras como os Volantes, Cigarróns e Peliqueiros ou do Entroido máis tradicional da zona de Ponteareas, recuperando as Perriñas, os Mudados e xs Mamarrachxs ou Farrapeirxs.
Se queres ver un anaquiño máis, podes facelo no noso instagram:
https://www.instagram.com/p/CLWXy28lolc/?igshid=klwnp36twhvp
https://www.instagram.com/p/CLRvfTSFuQP/